Burela, 26 de maio de 2016.- A concelleira de Medio Ambiente, Noelia María Ben, entregou os premios aos gañadores do concurso fotográfico Coidemos a Terra, organizado para conmemorar o Día da Terra.
Na categoría infantil a gañadora foi Alba Otero Romo coa foto titulada O mar non quere o teu lixo; na categoría xuvenil a gañadora foi Daria Bakteeva con Pensa en verde e na categoría adultos resultou gañador Jesús Díaz Piñeiro coa fotografía Musgo e liques. A natureza acaba abríndose camiño en calquera lugar, en calquera superficie.
A concelleira de Medio Ambiente agradece “a todos a súa participación neste concurso e agarda que en vindeiras edicións máis xente se anime a presentar os seus traballos, as súas imaxes”.