A Policía Local de Burela impartiu unha charla para os usuarios de Camiña. Segundo explican as monitoras da Aula Medio Ambiental Gaia “os participantes aprenderon cómo se teñen que desprazar polo pobo, tanto cando o fan a pe como cando van en bicicleta ou monopatín, así como por zonas de fora da vila de forma segura. No caso dos desprazamentos en bicicleta tamén lles contaron qué elementos deben levar de xeito obrigatorio para garantir a súa seguridade”. Esta actividade forma parte da programación que a Aula Medio Ambiental Gaia, do Concello burelés, organiza para os usuarios de Camiña.
