Ribadeo, 29 de maio de 2016.- Este domingo ao mediodía clausurouse na antiga oficina de turismo de Ribadeo a exposición “Los indianos se visten de cine”, que se puido visitar durante toda a semana. Las Taradas, North Sea, Cuarto Ropero e La Cose Canta foron os organizadores desta mostra na que se exhibiron traxes e complementos empregados na rodaxe de varias secuencias de películas como Belle Époque, La Bella Otero, Memorias del agua ou Doctor Zhivago. Os maniquíes trasladaranse agora á tenda aberta nas galerías de Villafranca del Bierzo, onde se aluga roupa de cara á celebración da terceira festa indiana, que terá lugar en Ribadeo do 8 ao 10 de xullo.
Clausurada a exposición “Los indianos se visten de cine”
Clausurada a exposición “Los indianos se visten de cine”
Relacionado
-
A UNED de Viveiro, dentro do seu programa de activiades de maio, ten aberta ata remate de mes nos baixos da biblioteca municipal, unha exposición sobre a trata de persoas
-
A directiva de Acisa lembra que os premiados na campaña do Día da Nai teñen ata o 16 de maio para reclamar os seus premios nas súas oficinas
-
A escola infantil municipal de Cervo celebrou a festa dos maios