A cultura ribadense concéntrase este sábado 21 no Auditorio Municipal en favor da loita contra o cancro. Ás 20.00 horas comeza este festival que contará con diversas actuacións de grupos ben coñecidos para nós: A Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo, o Grupo de Danza Contemporánea de Adultos de Ribadeo, Víctor Villar, o Grupo de Teatro de Ribadeo e o Coro do Colexio Sagrado Corazón. Música, danza, teatro e moito máis reunidas por unha causa benéfica e que todos coñecemos dun ou doutro xeito. O prezo da entrada será de 4 euros para esta gala organizada pola AECC e na que colabora o Concello de Ribadeo.
Festival solidario contra o cancro en Ribadeo
Festival solidario contra o cancro en Ribadeo
Relacionado
-
Un numeroso grupo de persoas sumouse esta fin de semana á Andaina Solidaria da Mariña organizda pola UPA de Viveiro
-
O Club Morgan visita Mondoñedo
-
A Pomba do Arco organiza o venres 27 de xuño, ás 20:30, na Casa da Cultura Poeta Manuel María de Foz unha palestra de Sami Ashour sobre o xenocidio israelí en Palestina