En 1976 publicou o cronista o seu primeiro libro que era tamén, o da basílica: ”Guía histórica y artística de San Martiño”. Fora prologuista o eminente escritor e xornalista, don Xosé Trapero Pardo, moi coñecido e apreciado en Foz, onde vraneou 67 anos consecutivos “sen faltar -nos dixera nunha ocasión- nen o ano que estalou a guerra civil” e onde dende os anos 50 leva o seu nome a rúa que, do Campo da Cabana, chega á Rapadoira.
“ Se hacía necesaria esta Guía, di Trapero; algo que, decantando lo que de verdad puede haber en descripciones plúmbeas y farragosas, que más desorientan que orientan,ponga en las manos de todos un modo sencillo y poético al mismo tiempo de visitar San Martíño, hallando en estas páginas, con el dato preciso, la evocación y la sugerencia…”.
A guía ábrese con verbas de Toimil: ”Envuelto en una doble fragancia que es así como el rumor perfumado de besos de dos enamorados; en la fragancia del mar y en la de sus pinares, Foz es una Arcadia maravillosa con panoramas rurales del mayor encanto, y una bella Nereida que se baña en el frescor de sus pleamares y se recrea en la barcarola de sus olas cadenciosas… Mar y tierra júntanse allí, en íntimo maridaje, para cantar de consuno la gloria, la ufanía de Foz…”.
Descrita a paraxe, de bucólica beleza, que de Vilaxoane leva á igrexa, e referidos os valores históricos e artísticos da mesma, en páxina final dase conta da xa realizada 1ª fase das obras de restauración e conservación, baixo a dirección do catedrático Chamoso Lamas; inauguradas o día 11-11-66, na que Álvaro Cunqueiro pronunciara un brillante e inesquecible discurso.
Detállanse as obras a realizar na “inmediata” 2ª fase, e dise: “…se incluye también la instalación de un Museo Parroquial que guardará piezas únicas por su valor histórico y artístico,como el Anillo Pastoral y Báculo de S. Gonzalo, del S.IX, y otras piezas que han pertenecido a S. Martín y que pasarán a enriquecer el conjunto artístico e histórico…”. Isto é o que, con 40 anos de retraso, se nos anuncia de realización inminente; nova que tanto nos satisface, pois trátase de algo de verdadeira transcendencia para o patrimonio parroquial e o importante valor engadido de selecto atractivo turístico. O lamentable é que houbera que esperar 40 anos para que se consumara tan interesante proxecto. Os nosos parabéns.




















A alcaldesa, Marta Rouco, e a concelleira Paula Vigo destacaron que esta iniciativa busca dinamizar os domingos de feira e dar visibilidade ao traballo artesán. As inscricións poden realizarse ata o 26 de abril, cubrindo o formulario dispoñible en vilalba.gal/novas e enviándoo a feiras@vilalba.es xunto coa documentación requirida. Para consultas, está dispoñible o teléfono 982 51 03 05.
A representación desenvolverase na praza do mosteiro, na igrexa e nos espazos exteriores habituais para escenas como o xuízo ante Pilatos, o horto e a crucifixión. Participarán a Garda Pretoriana de Lugo, a Percussio Praetoria e o grupo Galiclasic, nun evento recoñecido como Festa de Interese Turístico Rexional e no que colaboran arredor de cen persoas.
O Concello de Cervo convida a toda a veciñanza a participar no novo Guateque de Arruguiñas, unha proposta pensada para fomentar o encontro interxeracional, a convivencia e o lecer compartido. O evento celebrarase este martes, 31 de marzo, ás 19:30 horas, na Casa do Mar de San Cibrao. A xornada incluirá actuación musical, bingo e chocolate, actividades organizadas polo alumnado de 2º de Bacharelato en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil e a Asociación de Xubilados Terramar. O Concello anima a participar e desfrutar dunha tarde especial de convivencia e diversión.
O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).



