Burela, 21 de maio de 2016.- O Burela FS Pescados Rubén mantense no liderado de Primeira RFEF a falta de dúas xornadas para o final de liga, tras unha traballadísima vitoria en Móstoles (2-3). As mariñás armáronse de paciencia para bater todas as adversidades; superaron a tensión dunha cita crucial con garra e entrega, conseguindo ampliar a axustada renda de 0-1 ao descanso ata 1-3 e mitigando as arremetidas mostoleñas con porteira xogadora na recta final, que só puideron reducir distancias nun penalti.
As laranxas dominaron sobre a pista de Villafontana desde o asubío inicial aínda que o claro perigo sobre os paus locais non proliferou como noutras ocasións nos minutos iniciais; aos poucos, a habitual frescura na finalización burelista comezou a deixarse ver cos seus primeiros escintileos. A denominación de orixe da pichichi, Peque, estreou o luminoso, no minuto 9, en xogada individual. As grandes intervencións da porteira mostoleña impediron unha maior vantaxe ao descanso.
O segundo acto empezou con malas novas para as de Lucas; no 24, María Otero asinaba a igualada. Con todo, a reacción non se fixo esperar demasiado; no minuto 27, o Pescados Rubén volveu adiantarse en xogo de pivote con Dany, e pouco despois, antes de chegar ao ecuador, Bea Mateos materializou o terceiro tras recuperación e combinación con Maite. Chegaron entón os compases de máis acougo para as galegas ata que a falta de pouco máis de catro minutos o Móstoles apostou pola remontada con xogo de cinco. Sobre o 37, volveu facer acto de presenza María Otero para reducir distancias de penalti, pero o Burela FS Pescados Rubén nin pestañeó; mantívose impertérrito para salvagardar os tres puntos e o liderado ata a bucina final.
Ficha técnica
FSF Móstoles: Lucía, Celia, María Otero, Inma, Ballesteros, cinco inicial; tamén xogaron Didi, Rocío e Andrea
CD Burela FS Pescados Rubén: Jozi, Maite, Bea Mateos, Peque, Dany, cinco inicial; tamén xogaron Ceci, Claudia e Gaby
Goles: 0-1, minuto 9, Peque; 1-1, minuto 24, María Otero; 1-2, minuto 27, Dany; 1-3, minuto 29, Bea Mateos; 2-3, minuto 37, María Otero
Árbitros: Alonso Abad e Iglesias Fernández, do colexio madrileño. Amoestaron con cartolina amarela a María Otero no Móstoles e a Peque e ao delegado no Burela FS Pescados Rubén.



















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
