Burela, 26 de maio de 2016.- O alcalde de Burela, Alfredo Llano, e o concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández Rey, presidiron na tarde deste xoves a recepción ofrecida polo Concello ao equipo cadete do Burela FS, que se proclamou campión da Liga Autonómica 2015/16 hai uns días. O edil socialista felicitou aos rapaces por este título e dixo que “é un orgullo para os veciños e as veciñas de Burela que estas categorías sigan colleitando éxitos” e agarda que “continúen con esta proxección estes rapaces e que un día poidan xogar no primeiro equipo”. Os cadetes do Burela FS estiveron acompañados polo presidente do club, Manuel Blanco.
O Concello de Burela recibe aos campións cadetes laranxas