Cervo, 12 de maio de 2016.- O Concello de Cervo agradece á Xunta de Galicia o investimento de 150.000 euros para completar o equipamento do centro de día e residencia de maiores de San Cibrao.
O alcalde, Alfonso Villares, manifestou este xoves: “temos que agradecerlle á Xunta de Galicia, e en concreto ao conselleiro de Servizos Sociais, este investimento que nos dá ao Concello de Cervo para completar o equipamento do centro de día e residencia que temos en San Ciprián. É un investimento de 150.000 euros que vén engadirse ao que a Xunta de Galicia xa puxo a disposición de todos os cervenses para este centro de día de día e residencia. En concreto hai que recordar primeiramente o investimento feito, de cerca de 2 millóns de euros, para a súa construción; e despois tamén outro diñeiro destinado a unha parte do mobiliario. Co que hoxe se acaba de aprobar no Consello da Xunta complétase a última fase do equipamento deste centro de día e residencia e así xa estamos en disposición de pensar en poñelo en funcionamento canto antes”.
O rexedor municipal destacou que “é un servizo moi importante para un concello de menos de 5.000 habitantes, que considero fundamental hoxe en día en todos os nosos pobos; e tamén nos máis pequenos porque axuda, en certa maneira, a fixar poboación e a dar unha serie de servizos que son máis fáciles de atopar nos concellos máis grandes. Por iso nós, desde o Concello de Cervo, nos sentimos agradecidos e satisfeitos con este investimento da Xunta de Galicia. Agora temos que tramitar o expediente para a contratación deste mobiliario e despois quedará xa a última etapa, que é dicir como vamos xestionar este servizo. Esta residencia non forma parte do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar; neste caso é única e exclusivamente do Concello de Cervo e nosoutros evidentemente temos que poñelo a funcionar. É algo que nunca fixemos, pero cos servizos xurídicos do noso Concello xa estamos traballando para definir, a partir de que se complete esta fase de mobiliario, como vamos xestionar este servizo”.




















Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.
Este venres visitaron Ferrol e As Pontes, e o sábado serán os actos institucionais de benvida no concello de Ribadeo. Pola mañá será inaugurada unha placa conmemorativa da visita, e despois a recepción oficial na Casa do Concello.
Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.



