Bruxelas, 12 de maio de 2016.- As negociacións entre a Unión Europea e MERCOSUR remóntanse ao Acordo Marco Interrexional de Cooperación UE-MERCOSUR de 1995 -en vigor dende 1999-. No ano 2000 abríronse negociacións para un Acordo de Asociación, que foron paralizadas no 2004, principalmente por desacordos no plantexamento das relacións comerciais, especialmente nos sectores agrogandeiros. No marco do IV Cumio Unión Europea-MERCOSUR celebrada no ano 2010 en Madrid decidiuse retomar os contactos, permanecendo abertos dende entón, inda que sen avances significativos.
Nestas últimas semanas o neoliberalismo europeo, no que o Estado español xoga un papel diferenciado debido á súa histórica tradición de espolio en América Latina, amosou a súa vontade de acelerar o proceso de de negociación, en consonancia co actual recrudecemento da liberalización comercial identificada en tratados como o CETA (UE-Canadá) ou o TTIP (UE-Estados Unidos). Nesta mesma liña, durante a sesión plenaria do Parlamento Europeo que tivo lugar até hoxe en Estrasburgo (Francia), á Comisión Europea foi consultada ao respecto do desenvolvemento das negociacións a través dunha pregunta oral orientada a instar a aceleralas.
Como responsábel na Comisión de Agricultura para o Grupo da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), a eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), Lídia Senra, advertiu de que, neste caso “os negociadores están a dicir que o punto máis problemático das negociacións é o agrogandeiro, e aquí o que xa temos aprendido é que a liberalización favorece á agroindustria e perxudica ao campesiñado de ámbolos dous lados da negociación”.
Por outra banda, a día de hoxe, o 19.8% das importacións agrícolas da UE proveñen xa do MERCOSUR e, “ao estar negociando con Brasil e Arxentina sabemos que un dos puntos máis sensíbeis é precisamente a entrada na UE de grandes cantidades de carne de vacún, algo que pode afectar directamente á Galiza”, abondou a eurodeputada galega.
Ademais, reflexionou, independentemente de quen sexan os socios comerciais nos tratados de liberalización comercial, “quen perde seguro é a sociedade e o medioambiente, porque ao tratarse de grandísimas áreas de negocio afondan no actual sistema irracional de distribución de mercadorías ao longo de todo o mundo; non esquezamos que as actuais políticas agrarias e alimentarias son as responsábeis do 50% das emisións de gases de efecto invernadoiro”.
Por último, lembrou Senra, “a estas alturas as consecuencias dos procesos de liberalización comercial son xa de sobra coñecidas: destrución do emprego, redución dos salarios, impactos negativos nos sistemas públicos de educación e saúde… Se o que queremos é o benestar social e non os beneficios duns poucos, tanto na UE como nos países do MERCOSUR, cómpre avogar por políticas agrogandeiras orientadas cara a soberanía alimentaria dos pobos e garantir políticas sociais que blinden os servizos públicos de ámbolos dous lados do Atlántico”.

















Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.
Este venres visitaron Ferrol e As Pontes, e o sábado serán os actos institucionais de benvida no concello de Ribadeo. Pola mañá será inaugurada unha placa conmemorativa da visita, e despois a recepción oficial na Casa do Concello.
Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.



