12 de maio de 2016.- A Xunta vén de autorizar dous novos parques eólicos do concurso galego que supoñen un investimento conxunto de máis de 48 millóns de euros: o parque Coto de Frades, situado nos concellos da Pontenova e A Fonsagrada (Lugo); e o de Olerón, que se situará nas localidades coruñesas de Rois e Brión.
O eólico Coto de Frades, promovido por Norvento, estará composto por 5 aeroxeradores que, cunha potencia total de 15 MW, producirán máis de 44.000 MWh ao ano. Suporá un investimento de 18,8 millóns de euros.
Pola súa banda, no parque Olerón, que tamén desenvolverá Norvento, investiranse 29,6 millóns de euros. Contará con 8 aeroxeradores cunha potencia total de 24 MW, e estímase que a produción de enerxía anual se aproximará aos 78.000 MWh ao ano.
Con este dous novos parques, o Goberno galego suma 19 parques do concurso aprobados, tras as autorizacións dos eólicos de Acibal, Mondigo, Faro, Cernego, Pico Seco, Friol, Paraño Oeste, Xinzo Norte, Chan do Eixo, Ourol, Tenzas do Aire, a primeira fase de Monte Arca, Cordal-Ousá, Orrea, Alto da Telleira, Campo Pequeno e Carracedo, co que se acada un total de 449 MW e un investimento de máis de 572 millóns de euros.
Deste xeito, a Consellería de Economía, Emprego e Industria segue a apoiar un modelo de desenvolvemento da enerxía eólica orientado á recuperación do liderado do sector e á creación de emprego e riqueza para a sociedade. Cómpre salientar que o total dos plans industriais asociados ao concurso eólico galego están a xerar máis de 1.000 millóns de investimento na comunidade galega e teñen permitido crear máis de 2.000 empregos directos.
Así mesmo, o Goberno galego ten moi en conta ás administracións locais, de xeito que por medio do canón eólico se recadaron xa 137 millóns de euros destinados aos municipios. Neste contexto, os novos proxectos que se veñen de autorizar suporán unha importante fonte de financiamento para os concellos da Pontenova, A Fonsagrada, Rois e Brión, que se poderán beneficiar da recadación obtida do mencionado canon.





















Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continúa con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.



