Viveiro, 11 de maio de 2016. “Mares de oportunidades” é o nome desta campaña, que pretenderá achegar a potenciais promotores do territorio, as posibilidades de financiamento que ofrece o Fondo Europeo Marítimo e de Pesca, para o período de programación 2014-2020.
Despois da constitución dos GALP e da aprobación das Estratexias locais de desenvolvemento das zonas pesqueiras en toda Galicia, o GALP A Mariña-Ortegal vai realizar un proceso de divulgación en todo o seu territorio, co obxectivo de dar a coñecer a súa estratexia e informar sobre as posibilidades do programa de axudas do FEMP.
Estas accións pretenden impulsar e animar a diferentes promotores, para que presenten proxectos ou iniciativas a prol do desenvolvemento desta zona costeira. As reunións serán abertas a tódalas persoas, entidades e institucións dos concellos que comprende o GALP. Nas reunións daranse a coñecer os contidos e as posibilidades que ofrece este programa de axudas, así como o apoio que poden obter do GALP, como entidade colaboradora na xestión das mesmas.
Calendario
18 de maio (11:00 horas) Salón de Plenos. Concello de Ribadeo.
18 de maio (18:00) Aula Cemit. Concello de Barreiros.
19 de maio (11:00) Auditorio Municipal. Concello de Cedeira.
19 de maio (17:00) Casa do Concello de Valdoviño.
20 de maio (11:00) Salón de Conferencias (antiga Biblioteca) do Concello de Burela.
20 de maio (19:00) Edificio do CENIMA . Concello de Foz.
30 de maio (11:00) Salón de Plenos. Concello de Xove.
30 de maio (18:00) Casa da Cultura de San Cibrao. Concello de Cervo.
31 de maio (11:30) Sala do concello. Concello de Mañón.
31 de maio (19:00) Casa da Cultura . Concello de O Vicedo.
1 de xuño (11:00) Fundación Ortegalia. Concello de Ortigueira.
1 de xuño (19:00) Local Social da Casa do Concello. Concello de Cariño.
2 de xuño (19:00) Salón Multiusos do Concello. Concello de Viveiro.
A participación nestes espazos é aberta, dirixíndose principalmente a persoas que teñan interese en promover proxectos (tecido empresarial), ás entidades do sector pesqueiro, institucións locais, organizacións e entidades sociais de carácter público e privado, así como á cidadanía en xeral.




















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



