Lugo, 31 de maio de 2016.- O Grupo Provincial do Partido Popular consegue que a Deputación de Lugo aprobe unha declaración institucional da Corporación, como o están facendo outras administracións, entre elas o Parlamento de Galicia, sobre o futuro das plantas de Alcoa.
Os populares consideran que a declaración institucional é resultado dun acordo entre todos os partidos, o que demostra unidade, o que todos os traballadores de Alcoa e a sociedade da Comarca e a provincia no seu conxunto agardan dos seus responsables políticos.
A voceira dos populares na Deputación, Elena Candia, explicou que “conseguimos convencer ao equipo de goberno que coa situación da factoría Alcoa e dos seus traballadores non se debe facer política” e así, engaden, “os socialistas e os nacionalistas mudaron a idea de levar a pleno unha proposta plenaria co conseguinte debate político e entre todos chegamos a un acordo de apoio unánime sobre o futuro das plantas de Alcoa”.
Na declaración que promoveu o PP maniféstase o interese e preocupación da institución provincial e de todos os seus deputados e deputadas pola situación que atravesan as plantas de Alcoa, nomeadamente en Galicia e con especial mención á de San Cibrao, na Mariña. O texto ocúpase ademais polos efectos que esta situación pode ter sobre os investimentos e a permanencia dos postos de traballo.
Neste senso, Candia quixo agradecer a dispoñibilidade amosada tanto polo presidente da institución, Darío Campos, como polo nacionalista Antón Veiga. “É moi importante que os traballadores vexan que nos asuntos relevantes, a pesar das nosas diferenzas, damos unha imaxe de normalidade, o que tanto precisa esta institución”, considera a popular. “Acadamos que dende esta institución se faga un chamamento a defender a súa continuidade, ao mantemento dos seus postos de traballo así como do investimento nesta empresa, unha das máis importantes da provincia”, recalcou.
Por último, Elena Candia, que compareceu acompañada polo alcalde de Xove e deputado provincial, Demetrio Salgueiro, lembrou que “este grupo estivo reunido con representantes dos traballadores, sendo o primeiro grupo político que se puxo ao seu lado e á súa disposición”.

















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



