Cervo, 24 de maio de 2016.- O pavillón polideportivo do colexio de Galdín acollerá un campionato da disciplina de karate denominada Nihon Tai Jitsu este domingo, día 29, de 11 a 13:30 horas. O evento foi presentado polo concelleiro de Deportes, José Ramón Soto, e polo responsable da organización, Miguel Ángel Rojo.
José Ramón Soto anunciou que “o próximo domingo, 29 de maio entre as 11 horas e as 13:30 o pavillón do colexio Cervo Número 1, de San Cibrao, en Galdín, acollerá un campionato de Nihon Tai Jitsu, competición aprobada e apoiada por la Federación Galega de Karate e totalmente gratuíta para todo o público que desexe asistir a presenciar o evento”.
O edil de Deportes explicou que “o Nihon Tai Jitsu é unha arte marcial de orixe xaponesa cuxo obxectivo primordial é a defensa persoal; de aí o nome que se lle deu no seu momento de método superior de defensa persoa, no que se busca a proporcionalidade na resposta ante unha agresión, podendo ser desde leve a contundente. Este campionato galego organízao o Departamento de Nihon Tai Jitsu da Federación Galega de Karate e o seu director é o noso veciño mariñán Miguel Ángel Rojo, que leva máis de 15 años no labor de difusión do Nihon Tai Jitsu, non só en Galicia senón que tamén está noutras comunidades ás que se despraza a impartir seminarios de formación”.
Soto engadiu que o campionato deste domingo “ten carácter oficial e está organizado pola Federación Galega de Karate co patrocinio do Concello de Cervo. Acudirán uns 35 participantes, previamente seleccionados, da Mariña luguesa ademais da Coruña, Ourense, Lugo e Pontevedra. Entre todos estes intentarán optar ás prazas para representar a Galicia no campionato de España, que se celebrará en Valencia o 9 de xullo. Neste campionato estará presente o mestre e director autonómico Miguel Ángel Rojo, veciño da nosa localidade. A proba está baseada na modalidade de kata Individual. Por parte do Concello de Cervo queremos invitar a todos os veciños do municipio e de toda A Mariña a asistir ao campionato desta práctica deportiva, que para algúns é nova aínda que xa leva varios anos implantada nesta zona. A entrada ao evento é totalmente gratuíta”.





















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
