Lugo, 25 de maio de 2016- O subdelegado do Goberno en Lugo, Ramón Carballo, defendeu este venres o papel da Garda Civil como garante dos dereitos e liberdades dos cidadáns. Fíxoo durante o acto conmemorativo do 172 aniversario da fundación da Garda Civil, que se celebrou na Comandancia de Lugo.
Á celebración asistiron o xefe da Comandancia da Garda Civil, Miguel Ángel González Arias; o subdelegado de Defensa, Ricardo Jesús Suárez; o xefe da Policía Autonómica, José Ramón Fernández; e o xefe da Policía Local, Manuel Méndez, entre outros.
EVOLUCIÓN EXEMPLAR
O subdelegado do Goberno destacou na súa intervención o “carácter profesional” da Garda Civil que, nos seus 172 anos de historia, “non cesou na encomenda de velar pola paz e a seguridade do conxunto dos españois”. Valorou ademais que, manténdose fiel aos seus valores fundacionais, a Garda Civil esfórzase día a día por “dar un maior e mellor servizo aos cidadáns, creando especialidades específicas para levar a cabo as tarefas cada vez máis crecentes e complexas que impoñen os cambios na sociedade española e os novos tipos de delincuencia”.
Neste senso, Ramón Carballo valorou a “evolución exemplar” da Benemérita dado que “o mesmo Corpo que nos seus comezos combatía principalmente aos bandoleiros, atópase agora á vangarda da loita contra a cibercriminalidade e o terrorismo, desenvolve unha encomiable labor nas nosas estradas, vela pola orde nas nosas costas e no mar territorial, está presente nas redes sociais, e mesmo proxecta a súa presenza a escenarios remotos para levar a cabo labores humanitarias”.
Sempre “ao servizo dos españois, por riba de todo”, engadiu, “conseguistes consolidarvos como un corpo imprescindible, que ocupa un lugar propio e exclusivo dentro do sistema de seguridade nacional, e que forma xa parte do noso patrimonio, da marca España”.
O subdelegado aproveitou para agradecer aos axentes das distintas unidades e especialidades da Garda Civil na provincia o seu traballo “continuo, discreto e eficaz” e eloxiu a “actitude cooperadora” que en todo momento amosa co resto de corpos policiais. Estes aspectos, dixo, contribúen a proporcionar “altas cotas de seguridade e liberdade, que ademais de teren unha innegable importancia en sí mesmas, contribúen a crear un ámbito máis favorable para a convivencia, e mesmo para o progreso e a estabilidade económica”.
CONDECORACIÓNS E RECOÑECEMENTOS PÚBLICOS
No transcurso do acto procedeuse á entrega de condecoracións a sete axentes e a dous civís por diferentes méritos. Así, foron condecorados coa Cruz do Mérito da Garda Civil con distintivo blanco: o tenente Manuel Julio Meléndez Navarro (Subsector de Tráfico de Lugo), o sarxento Jesús Sangiao Valiño (posto de Meira), o cabo José Ángel Lima Milego (Servizo Marítimo Provincial), e os gardas civís Luis Andrés Alonso Torrente (Tráfico), Manuel Espiñeira Calvo (Seprona), Santiago Fernández Coto (núcleo de Servizos) e María de los Ángeles Pereira Díaz (posto de Baralla).
De igual xeito, a Garda Civil recoñeceu ao doutor Enrique Vázquez López, coa Cruz de Plata da Garda Civil, e ao vixiante de seguridade Alberto Grandío Grandío, coa Cruz do Mérito da Garda Civil con distintivo blanco.
Procedeuse ademais á entrega de diplomas de agradecemento polos servizos prestados durante a súa carreira profesional a axentes que ao longo do último ano pasaron á situación de reserva: Manuel Sancosmed Sanjurjo, Antonio Fernández Piñeiro, José María Seijido Santalla, Amador Calvo Calvín, Ángel Castro Castro e Francisco Mouriz Arias.





















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



