Burela, 25 de maio de 2016.- A ala-pivote Patricia González Mota, Peque, pecha a súa etapa no Burela FS Pescados Rubén tras cinco brillantes tempadas na Mariña. “É o final dun ciclo e como non podería xogar noutro equipo de España que non fose este voume a Italia. Brindáronme a oportunidade de xogar con Vanesa Pereira, a mellor xogadora do mundo, e non o pensei dúas veces” explicaba a súa decisión a 7 laranxa.
Protagonista dos títulos de liga en 2012-13, Copa de España 2013 e Supercopa de España 2015 coa escuadra laranxa, mostra o seu optimismo e ilusión na recta final de tempada defendendo o cume de Primeira RFEF. “A falta de 15 días para o desenlace ligueiro, espero que a despedida poida ser ao grande. Tras a Supercopa xa diciamos que este ano ía ser moi bo. Fágase realidade ou non gañar a liga, foi un ano excelente; superamos todas as adversidades como equipo e o ambiente no vestiario é inmellorable. Todo fixo que sexa un ano estupendo”.
“Levo unha chea de bos recordos de aquí. A primeira imaxe que teño de Vista Alegre é da Copa de España 2011, co Diamante, a Carmen berrando e animando desde a bancada. Foi a miña mellor etapa deportiva e aquí síntome como na casa” botaba a vista atrás a madrileña sorrindo.
A directiva do Pescados Rubén agradeceu a profesionalidade da internacional. “A calidade, constancia e afán de superación demostradas por Peque ao longo destes cinco anos convertérona nunha das grandes referencias no vestiario. A Familia Laranxa deséxalle o mellor nos seus novos proxectos e que alcance tantos logros como os que vivimos xuntos” dixo o presidente, Manuel Blanco.
“Quero dar as grazas a toda Burela, foron uns anos marabillosos, e sobre todo á pequena familia que fixen aquí e ao club pola oportunidade que me deu de recoller tantos éxitos” explicaba a 7 mariñá, con emoción.
A bancada laranxa poderá despedirse da pichichi burelista este sábado na penúltima xornada de liga, última en Vista Alegre, no derbi irmandiño fronte ao Valdetires Ferrol FSF (18.00 -horario unificado).





















A cita contará con charlas, obradoiros, concurso de fotografía e unha ampla zona expositiva. A feira será de acceso gratuíto e está pensada para gozar en familia.
“O concerto queda posposto para outro domingo no que Toxo Guayaba nos poida acompañar. Iremos informando”, explican desde a organización.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.
