Lugo, 26 de maio de 2016.- O Vicepresidente da Deputación, o nacionalista Antonio Veiga, participou na mañá deste xoves na presentación do primeiro Football Kids Forum, estivo acompañado durante o acto polo representante da entidade organizadora Polvorín FC, Julian Castaño, o director de zona de Abanca, Jesús Fernández e o Xerente do Grupo Ditram Automoción, Rubén Gil.
O Football Kids Forum terá lugar o vindeiro sábado 4 de xuño e celebrarase no Salón e Actos da Deputación Provincial de Lugo, este evento está dirixido aos adestradores de fútbol base de toda Galicia. As temáticas a tratar son dúas: A primeira é a relación entre a cultura do esforzo e o modelo de rendemento, na que se valorará a dificultade de pasar de equipas de formación a equipas de competición, e o segundo bloque que se centrará nos aspectos metodolóxicos das mellores canteiras do Estado, durante a cal non só se levarán a cabo cuestións de índole técnico- tácticas senón tamén de carácter sicolóxico e motivacional.
O evento conta con xornada de mañá e tarde, comenza as 9:00 coas pertinentes acreditacións e presentación oficial, as 10:00 terá lugar o primeiro relatorio, a cargo do Director Técnico do C.D. Lugo, Toni Otero, o tema da charla será o retorno da inversión no fútbol base, posteriormente as 10:50 o Director de Fútbol base da Real Sociedad, Luki Iriarte expón cal é o itinerario formativo en Zubieta, para rematar a mañá terá lugar as 13:00 unha mesa redonda. En xornada de serán, abrirá os relatorios as 16:00 o director de metodoloxía do Vilareal CF, Sergio Navarro, que explicará en qué consiste a metodoloxía de formación do Vilareal, posteriormente, as 16:50 o director de metodoloxía do Sevilla FC trasladará aos asistentes a forma de traballo do fútbol base da equipa andaluza., a última intervención protagoniza o Director de Metodoloxía do FC Barcelona, celebrarase as 18:10 e falará do método da Masía, o encontro remata cunha mesa redonda que se realizará as 19:00.
O Deputado- Delegado da Área de Cooperación e Asistencia aos Concellos e Deporte da Deputación de Lugo, Antonio Veiga explicou que “ con este evento formativo abarcamos unha gran problemática que se dá na meirande parte dos clubs deportivos, a relación entre formación e rendemento/ competición nas equipas de base, neste caso concreto, nas equipas dun deporte tan mediático coma é o fútbol, a Deputación impulsa desde a súa Área de Deporte aquelas iniciativas que conducen a unha mellor posta en escena de metodoloxías de adestramentos, o cal, sen lugar a dúbidas terá un factor beneficioso nos mozos e mozas deportistas, xá que canto mellor sexa a formación dos adestradores, mellor será a formación dos deportistas, e non só desde o punto de vista técnico senón tamén desde o puntode vista da saúde do xogador, tanto física coma emocional”. Remarcou que” no primeiro Football Kids Forum contaremos coa experiencia dos dirixentes dalgunhas das máis prestixiosas canteiras do fútbol estatal coma pode ser a Masia do FC Barcelona ou a do Vilareal, así mesmo, teremos tamén ao director deportivo do CD Lugo que tan boa campaña está a levar a cabo na Segunda División”.























A cita contará con charlas, obradoiros, concurso de fotografía e unha ampla zona expositiva. A feira será de acceso gratuíto e está pensada para gozar en familia.
“O concerto queda posposto para outro domingo no que Toxo Guayaba nos poida acompañar. Iremos informando”, explican desde a organización.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.
