Lugo, 11 de maio de 2016.- O Vicepresidente da Deputación, o nacionalista Antonio Veiga, acompañado da Concelleira de Cultura do Concello de Lugo, Carmen Basadre, o Deputado- Delegado da Área de Promoción Económica e Social da Deputación de Lugo, Álvaro Santos, e as representantes das asociacións organizadoras da proba, Cristina Palacios de Arelas, Ángela López de Alucem e Lucía González da asociación Enriqueta Otero presentaron a Primeira Carreira Diversidade Color Run.
O sábado, día 21, desputarase en Lugo a primeira carreira/ andaina solidaria a prol da igualdade e a diversidade, as actividades ccomenzarán as 16:00 horas coa saída das categorías alevín e infantil, tan só quince minutos despois tomarán a saída os competidores das categorías adulta e cadete que realizarán unha carreira de 5 quilómetros, as 18:15 terá lugar unha andaina sobre un circuíto de 500 metros, tamén terán cabida as andainas para as categorías pitufos que percorrerán 50 metros e os benxamíns que realizaran un percorrido de 100 metros. Os circuítos realizaranse na cidade de Lugo e contarán con un percorrido con saída e chegada na Praza Maior e que continuará por Ramón Ferreiro e dará a volta a Muralla de Lugo. A chegada a meta, cada participante recibirá unha bolsiña con pos de cores para lanzala polo aire, “co fin de demostrar nun acto simbólico que as cousas non son brancas ou negras, e que tódolas persoas deben ter as mesmos dereitos e oportunidades respetando todas as diversidades” afirmou a organizadora da proba, Cristina Palacios.
Os participantes adultos da proba deportiva deberán pagar o prezo de inscrición de 5 euros, e para inscribirse teñen de prazo até o 17 de maio a través da páxina web da Federación Galega de Atletismo, entidade encargada do control técnico e da organización material da carreira.
Esta primeira Diversicorre é moito máis que unha proba deportiva, pois tamén será un acto cultural e festivo no que os participantes e público en xeral contarán con diversas actuacións musicais e de baile, todas estas actividades terán como fin a promoción da igualdade de dereitos das persoas así como reivindicar a igualdade de oportunidades e o respeto a diversidade humana. O Deputado da Área e Promoción Social Álvaro Santos Ramos cualificou esta iniciativa como pioneira en Galicia, e asegurou que cumpre unha dobre función, xa que por un lado “realizase unha actividade lúdico deportiva e por outro está a parte reivindicativa de igualdade de oportunidades e respecto á diversidade”. A área e Benestar da Deputación colabora neste evento coa organización da carreira de Atletismo, que organiza a Federación Galega, e a Fundación Tic coa gravación deste encontró
A Concelleira de Cultura, Carmen Basadre, destacou a importancia de realizar actividades como estas, xa que a “sociedade ten que seguir avanzando cara a igualdade de oportunidades e dende o respecto á diversidade”, ademais de animar a toda a cidadanía a inscribirse e a participar neste evento solidario.
Finalmente o Deputado da Área de Cooperación e Asistencia aos Concellos e Deporte, Antonio Veiga, parabenizou as entidades organizadoras da proba “por ser quen de xuntar nun mesmo acto tantas temáticas diferentes como é o deporte, a cultura ou a promoción turística de Lugo co fin primordial de reinvindicar unha serie de valores básicos en calquer sociedade democrática como é a igualdade e os dereitos sociais de todas e cada unha das persoas respetando a pluralidade e a diversidade da poboación”.