Santiago de Compostela 11/05/2016-. Tras a negativa reiterada da Delegación do Goberno en Galiza e o Ministerio do Interior a retirala, a plataforma queremos Galego gañou no xulgado o recurso contra a sanción imposta por supostos incidentes acontecidos na manifestación do 17 de maio de 2013, que nun ambiente alegre e reivindicativo percorreu as rúas da capital galega baixo o lema “non queremos ser estranxeiras na nosa patria”.
O portavoz de Queremos Galego e presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Marcos Maceira, sinalou como “este ambiente festivo e reinvindicativo foi destacado ao día seguinte por todos os medios de comunicación”, como aconteceu sempre e como aconterá tras a manifestación convocada para este 17 de maio baixo o lema “o idioma é a vida”.
Para Queremos Galego, a denuncia dos supostos feitos por parte da policía e da Delegación do goberno, só se comprenden desde a utilización política das institucións a favor dos intereses do Partido Popular, naquel momento á fronte do Concello de Santiago, da Xunta e do Goberno do Estado.
Esta manipulación das institucións por parte do Partido Popular fora explicitada con anterioridade coa negativa municipal a permitir a colocación dun palco ou megafonía, o que foi recorrido no xulgado e gañado por Queremos Galego, ou coa modificación sen tempo do percorrido notificado á Delegación do Goberno, coa pretensión de obstaculizar a reinvindicación a favor da lingua galega. “A negativa de Queremos Galego a ceder ás presión do PP para que a manifestación non se celebrase, foi o motivo real da multa”, denunciaron.
Por desgraza non se trataba de feitos isolados: as mesmas manobras contra as manifestacións a favor do galego por parte do PP repetíronse sucesivamente desde 2010, a única diferenza é que no 2013 pretenderon engadir unha multa, alegando feitos que como ficou demostrado no xuízo, de realmente se teren producido, foron absolutamente alleos á organización, que puxo, como en todas as ocasións, un servizo de orde de voluntarias e voluntarios perfectamente identificados para o seu correcto desenvolvemento.
Segundo o portavoz de Queremos galego “o PP, non contento con pór todos os medios para impedir que a manifestación a favor do galego transcorrese con normalidade, decidiron impor unha sanción utilizando a mentira e a policía ao seu servizo”. “Dóelles o galego e dóelles que a sociedade se mobilice para defendelo con alegría e pacificamente” sinalou, para resaltar que “a manipulación e a difamación foi absolutamente groseira”.
Maceira agarda que non se volten repetir feitos como estes “que o partido de goberno, o PP, manipule a policía e o ministerio do interior contra un dereito fundamental, o de manifestación, exercido para defender outro, o dereito a vivirmos en galego, di moito do seu nivel ético e democrático”, e reiterou a exixencia ao Partido Popular de que “deixe de molestar as persoas e colectivos que queren exercer con normalidade a liberdade de expresión e neste caso concreto, os que defenden a lingua galega”.
Queremos galego convoca para este 17 de maio outra manifestación co lema “o galego é a vida”, tirado dun verso de Manuel María, activista da lingua, participante habitual das mobilizacións a favor do galego e autor homenaxeado este ano con motivo do Día das Letras Galegas.
“Este 17 de maio voltaremos ás rúas non só para reivindicar a nosa lingua senón tamén o dereito a facelo que nos quixo roubar o Ministerio do Interior, o mesmo que vulnera a legalidade con acusacións falsas, deturpando a toponimia, ou negando atención a cidadás e cidadás por falaren galego en trámites que ademais son de obrigado cumprimento”.
A manifestación sairá ás 12h da Alameda de Santiago e ten prevista unha participación masiva. No acto final, que se desenvolverá na Praza da Quintana,contarán coas actuacións musicais de Mini e Mero e Fran Amil e A tribo incomprensíbel, xunto con lecturas de texto de Manuel María a intervención do Portavoz de Queremos Galego, Marcos Maceira.
O portavoz da plataforma defendeu a necesidade de saír un ano máis á rúa para “defendermos a lingua galega como elemento de unión e para garantir a convivencia en condicións de igualdade dentro do pobo galego e nas relacións con outros pobos, xustamente o que quixeron atacar o PP utilizando a polícía, a Delegación do goberno e o Ministerio do Interior.





















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



