Burela, 27 de maio de 2016.- Vista Alegre despedirá a liga este sábado, na penúltima xornada, con entrada gratuíta para a festa irmandiña, a tan só dous pasiños do gran soño. Todo está preparado; ás 18.00 horas (media hora antes do habitual, por horario unificado de Primeira RFEF), a escuadra mariñá saltará á pista para defender o Cumio Laranxa (77 puntos) fronte ao Valdetires Ferrol FSF, que pelexará nesta recta final pola salvación da categoría. A cita poderá seguirse en directo por streaming.
“Ao aliciente que sempre teñen os derbis súmase a motivación extra polo que está en xogo. Estamos en extremos opostos na clasificación, pero os dous nos xogamos moito neste partido” advertía o técnico mariñán, Iván Cao ‘Lucas’ apelando á paciencia como aliada para recoller a décimo sétima vitoria consecutiva e chegar á última xornada co liderado na man. “Oxalá sexa un enfrontamento coma o da primeira volta, con 1-6 para nós. Teremos que fuxir do nerviosismo e da ansiedade cun rival que nos esperará en media pista e se intentará beneficiar dos nosos erros” explicaba Lucas, destacando a Erika e Lidia como os cimentos das ferrolás.
Cun punto por debaixo das laranxas, o Atlético de Madrid Navalcarnero pelexará á mesma hora na pista do Gironella, undécimo clasificado.
CD Burela FS Pescados Rubén: 1. Jozi, 3. Dany, 5. Claudia, 7. Peque, 9. Gaby, 11. Ceci, 13. Andrea C., 14. Bea Mateos, 15. Judith, 17. Maite, 25. Silvia Rubal, 31. Eva
Recoñecemento ao Futuro Laranxa. Antes do asubío inicial Vista Alegre renderá homenaxe a tres equipos da ED Burela FS, o Benxamín, subcampión de Liga Comarcal e campión Provincial; Cadete B, campión de Liga Comarcal e Provincial; e Cadete A, campión de Liga Autonómica.























A cita contará con charlas, obradoiros, concurso de fotografía e unha ampla zona expositiva. A feira será de acceso gratuíto e está pensada para gozar en familia.
“O concerto queda posposto para outro domingo no que Toxo Guayaba nos poida acompañar. Iremos informando”, explican desde a organización.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.
