O Valadouro, 1 de xuño de 2016.- O veciño do Valadouro Ramón Gasalla (pregoeiro das Festas do Oito do ano pasado) está de celebración, cumpre nada máis e nada menos que 100 anos cheo de vitalidade. Ata a súa casa achegáronse con un agasallo do Concello e unha tarta o alcalde Edmundo Maseda e a concelleira de Servizos Sociais María Mon. Alí, xunto coa familia de Ramón, recordaron anécdotas de cando o seu veciño era o comadrón do pobo, contaba que atendeu a máis de 1000 partos no noso concello. Estaba feliz xunto cos seus, e esperando a que chegue o seu primeiro bisneto decía todo contento. Aos seus 100 anos fai unha vida do máis cotidiá, non madruga, cuida aos seus gatos e de vez en cando sae a tomar o vermut ao pobo. Hoxe é un día especial para Ramón, é unha sorte chegar a esa idade con tan boa saúde e con tantas ganas de vivir. Un exemplo a seguir tanto polo seu traballo como pola súa traxectoria como persoa.
