A Deputada de Economía Recadación e Facenda, Pilar García Porto, o Concelleiro de Desenvolvemento Sostible de Lugo, Daniel Piñeiro, e o Xerente do Pazo de Feiras e Congresos, Rubén López Fernández, presentaron este xoves as actividades da IX edición de Equigal, que se celebrará dende o 3 ata o 5 de xuño.
García Porto asegurou que Equigal 2016 “xa se converteu nun verdadeiro referente para os afeccionados ao mundo do cabalo, un sector tan importante na nosa provincia”. A Deputada sinalou que este Salón continua coas súas actividades, xa que esta fin de semana poderán desfrutar do IX Concurso Morfolóxico e Funcional de Pura Raza Español no que participarán máis de 130 cabalos de 44 gandeirias, 30 delas galegas. Unha proba de máxima categoría clasificatoria para o Campionato de España, e que segue sendo un referente nesta competición”.
A Deputada remarcou que a o organización ten prevista unha participación neste evento de mais de 6.000 persoas, que xunto ás que asistiron na pasada fin de semana, van a chegar a ser máis de 15.000 visitantes. Por iso, aproveitou esta ocasión para felicitar aos organizadores deste evento. “Equigal hoxe é un gran escaparate para o ocio, para divertirse coas familias e para dinamizar o tecido económico da nosa provincia”. Sinalou que a propia organización xa superou as expectativas económicas, que van a chegar a recadar os 500.000 euros, superando os 300.000 previstos.
400 prazas hoteleiras reservadas na cidade
Daniel Piñeiro apoiou o desenvolvemento deste Salón Internacional do Cabalo e lembrou que durante esta fin de semana hai reservadas preto de 400 prazas hoteleiras na cidade. “A celebración deste evento serve tamén para promocionar a nosa cidade, crear riqueza e impulsar a nosa economía. Esta nova edición de Equigal pon a Lugo no mapa das celebracións equinas”.
6 cabalos que son campións do mundo
Pola súa banda, Rubén López agradeceu a colaboración de todos os patrocinadores e, en especial, a da Deputación de Lugo, e destacou o gran nivel dos participantes nas competicións, e tamén a gran asistencia de visitantes. “Cada ano comprobamos como medra esta Feira, xa que superamos as nosas expectativas e esperamos contar con moita afluencia de público para esta nova xornada”. Dixo que se incrementou nun 30 % a participación dos cabalos con respecto a outros anos, e remarcou que na proba do Concurso de Pura Raza participan 6 cabalos que son campións do mundo. De xeito anecdótico, sinalou que por primeira vez participa neste evento a eguada do xogador de fútbol, Sergio Ramos, que leva por nome SR4.
Tamén anunciou que as instalacións do Pazo abrirán de xeito ininterrompido dende ás 9:00 horas ata as 22:00 horas da noite.
Programa
O Salón Internacional de Galicia continua a súa celebración co IX Concurso Morfolóxico e Funcional de Pura Raza Español, que segue sendo un referente en toda España. O domingo 5 de xuño celebrarase, a partir 17:30 horas, unha das catro probas oficiais de Enganches Indoor que organiza a Federación Hípica Galega e no que participan 20 cabalos. Esta proba consiste en realizar unha serie de exercicios en coche de cabalos. Estas competicións son moi concorridas, xa que os cabalos realizan probas que deixan unhas imaxes espectaculares.
Nesta xornada, pola tarde, tamén haberá un espectáculo de doma de cabalos de Pura Raza Galega no que participarán 12 cabalos, un evento dirixido pola Asociación de criadores de Pura Raza Galega.
Espazo para a solidariedade
En Equigal haberá outras novidades como actividades de ocio, cultura e concienciación social. Os mais novos poderán desfrutar do seu bautismo hípico, e os maiores poderán visitar stands de artesanía. Para rematar nesta novena edición haberá tamén un espazo para a solidariedade, xa que participarán diversas entidades sociais para recadar fondos para os seus usuarios.
Equigal realizará a doazón da recadación integra da taquilla á Fundación de Dano Cerebral (FUDACE).





















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



