31 de maio de 2016.- Desde a asociación Terras de Miranda que leva meses traballando para presentar unha candidatura como Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) no marco das novas axudas que AGADER establecerá para xestión dos fondos europeos procedentes do programa Leader 2014-2020, piden colaboración para difundir as xuntanzas que nas vindeiras semanas terán lugar e que teñen por obxecto incorporar a todos os colectivos, asociacións, entidades sen ánimo de lucro, montes veciñais, organizacións profesionais e agrarias que queiran sumarse ao mesmo.
A normativa vixente establece que con carácter previo á creación do GDR se realizarán diversos foros, entrevistas e mesas sectoriais para que cada entidade poida dar traslado das problemáticas e potencias do seu ámbito de actuación na finalidade de elaborar dun xeito participativo a estratexia de desenvolvemento, integral e innovadora, que se executará nos vindeiros anos na comarca, e máis en particular, nos concello de Alfoz, Barreiros, Burela, Cervo, Foz, Lourenzá, Mondoñedo, Ourol, Ribadeo, Trabada, O Valadouro, O Vicedo, Viveiro e Xove.
Mañá mesmo terá lugar a primeira destas reunións sectoriais, ás 20.00 horas nas instalacións do Centro Comarcal do Concello de Mondoñedo (sede de asociación) neste caso, a correspondente á mesa Empresarial e de Emprego
O calendario de xuntanzas previstas é o seguinte:
· Mércores 1 de xuño ás 20:00 horas: Mesa de Benestar Social
· Xoves 2 de xuño ás 20:00 horas: mesa Empresarial e de emprego.
· Luns 6 de xuño 20:00 horas: mesa Institucional.
· Mércores 8 de xuño ás 20:00 horas:- mesa do sector agro-forestal
· Xoves 9 de xuño ás 19:00 horas: mesa de dinamización socio-comunitaria.-
· Xoves 9 de xuño ás 20:00 horas: mesa de turismo e hostalería.-
Na misiva remitida indican que a participación nestas mesas está aberta a todos os sectores públicos e privados do territorio, así como a todos os colectivos que desexen acudir





















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



