A Mariña 2 de xuño de 2016.- A CIG Ensino é coñecedora, a través das listas de admitidos e admitidas das distintas escolas infantís da rede do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar, Galiñas Azuis, da necesidade de contratar máis de 100 persoas entre mestras e mestres, educadoras e educadores e persoal de servizos xerais (PSX).
Debido á diminución dos cadros de persoal dos centros de traballo, polas sucesivas amortizacións de persoal, urxe máis que nunca a apertura das listaxes de agarda do persoal do Consorcio, non só para cubrir as case 100 prazas de nova creación, senón tamén para atender as necesidades das propias traballadoras e traballadores. É inaceptábel que a mala xestión da Xerencia do Consorcio, negándose a abrir as listas de substitucións, tal e como lle solicitou a CIG en sucesivas ocasións, leve a que as traballadoras e traballadores teñan que aprazar as súas visitas médicas ou renunciar a días de asuntos propios para que as Galescolas poidan seguir funcionando.
O persoal do Consorcio leva nos seus postos de traballo desde o ano 2007, sen posibilidade de permutar nin de participar nun concurso de traslados, polo que a creación destas 100 prazas é a mellor oportunidade para emendar esta situación e acabar coas prácticas caciquís e servís do Partido Popular.
En consecuencia, a CIG-Ensino exixe que se oferten estas prazas tan necesarias ao persoal do Consorcio en concurso de traslados interno e que as resultas ou vacantes deste concurso sexan cubertas nunha oferta pública e transparente.





















A cita contará con charlas, obradoiros, concurso de fotografía e unha ampla zona expositiva. A feira será de acceso gratuíto e está pensada para gozar en familia.
“O concerto queda posposto para outro domingo no que Toxo Guayaba nos poida acompañar. Iremos informando”, explican desde a organización.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.



