Mondoñedo, 1 de xuño de 2016.- Este venres 3 de xuño, ás 8 e media da tarde, a Escola Municipal de Música do Concello de Mondoñedo celebra o seu concerto fin de curso, baixo o nome de “Zoco Musical”. Constará de dúas partes, a primeira delas, será un novo formato de actuación, no que se desenvolverán pequenos concertos nas aulas da escola de Música, semellantes aos microteatros, cun público reducido por aula, onde se poderá interactuar cos alumnos . A idea é ir percorrendo cada aula de forma que seña o máis dinámico posible e cada espectador poderá seguir a orde que queira para presenciar as diversas actuacións. Haberá un cartel na entrada ao recinto coa guía das actuacións indicando a aula onde serán representadas, e á súa vez, haberá un cartel dentro de cada aula coas pezas a interpretar por cada un dos alumnos.
As representacións de aula durarán de 20:30 a 21:00h e nelas participarán as seccións de guitarra, corda, percusión, de vento madeira, de vento metal, e o grupo infantil, na aula de movemento e expresión corporal.
A segunda parte do concerto terá lugar no Auditorio, a partir das 9 da noite, coas actuacións da Banda da Escola e a Sección de Canto acompañada do Coro Mestre Pacheco, pertencente tamén á Escola de Música.
Dende o Concello de Mondoñedo invitamos a mindonienses e mariñáns a asistir a este espectáculo que é novidoso dentro da programación habitual da Escola Municipal de Música de Concello de Mondoñedo e que dun xeito dinámico e áxil, pretende poñer en valor o traballo de todo un curso académico por parte dos alumnos deste centro.





















Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
O Deputado de Promoción Económica e Social, xunto ao Alcalde meirego e o músico berciano, presentaron no Pazo de San Marcos este concerto especial que acollerá a igrexa Monasterial de Santa María, o vindeiro 6 de agosto, ás 21:00 horas.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



