CON PÓLVORA E MAGNOLIAS. Co gallo do Brexit a pasada semana abriuse a espita da confusión, circunstancia que está a abrir un debate a propósito do modelo de convivencia comunitario; a pesar do euro escepticismo asemella que a maior parte da opinión pública convén na necesidade de camiñar hacia unha Europa federal, os Estados Unidos de Europa.
Inclusive hai quen pensa que, agochadas detrás do descrer europeo, atópanse as motivacións xenófobas e o rexurdimento dos partidos de extrema-dereita.
Penso que é unha interpretación parcial, porque tan euro escépticos son éstes coma os que pensamos que o experimento nado en Mastricht é un evidente fracaso, pero apelamos aos pilares fundacionais que recoñecen a soberanía dos pobos, en consonancia cos principios liberais relativos á circulación de persoas, capitais e mercadorías.
Lonxe de visións preapocalípticas algúns entendemos que se abre unha fiestra de oportunidade onde, apelando á observación e aos criterios científicos, poderíamos redefinir ese espazo común chamado UE.
Resalto en primeiro lugar unha cuestión que me parece de importancia cardinal de cara ao análise: a liberdade; en UK véñense sucedendo dous procesos que entendo que deberan ser obxecto de estudo nos dous últimos anos –a saber-:
– A convocatoria do referéndum con respecto á independencia de Escocia.
– A idéntica convocatoria con respecto á saída da UE.
Ambas circunstancias, criticadas ostensiblemente pola nosa clase política –hainos que chegaron a afirmar que a saída da UE era consecuencia de consultar á xente-, denotan un grado de liberdade totalmente inimaxinable no noso país.
Curiosa situación cando o art. 1 da Constitución consagra a liberdade como valor supremo e o propio corpo da Carta Magna contempla no seus arts. 92 e seguintes os mecanismos democráticos de participación directa.
No noso marco constitucional os referéndums non teñen carácter vinculante, e dicir, son unha sorte de termómetro que serve para medir a vontade popular pero non son de obrigatorio cumprimento para o estado.
¿Sabería o lector precisar en cantas ocasións se fixo uso deste mecanismo de participación democrático no estado español? Tres concretamente –no ano 78 de ratificación da Constitución, no 86 con respecto á permanencia na OTAN, e no 2005 con respecto á Constitución Europea-. O cómputo asemella un pouco exiguo para case corenta anos de democracia.
¿Pode que exista un importante déficit democrático no noso modelo? ¿Non debera ser motivo de vergoña que os nosos representantes censuren os mecanismos de democracia directa? ¿Acaso a maioría de idade non consiste en tomar decisións de xeito autónomo –aínda a risco de equivocarse-? Si existen cuestións complexas ¿non se deberá de abrir un debate público? ¿Qué tratamento político se lle deu en campaña ao TTIP? ¿Qué queda das vellas demandas transversais dos indignados de reformar a administración, a lei de partidos, a lei electoral ou o modelo de estado?
O corolario ou conclusión final ten que ver con que, para que exista democracia, é conditio sine qua non a concorrencia de liberdade e iso gardaría relación con calquera esfera da vida pública: modelo de estado, sistema fiscal, integración nun modelo supranacional, decidir si queremos unha institución monárquica representativa, modelo de sistema educativo, sistema de seguridade social, modelo sanitario… todos e cada un dos aspectos que refiren á nosa convivencia común. Non pode existir democracia sen capacidade soberana e libre consentimento e ésta implica asumir as responsabilidades da maioría de idade. Cada xeración debera ter a súa propia Constitución.
Tan só si á liberdade lle engadimos unha dose de consciencia e compromiso poderíamos optar á creación dun novo marco de convivencia, porén , e mentres ninguén me amose o contrario, a verdadeira loita comeza dende abaixo, no ámbito local, a través das asocicións, das cooperativas, de grupos de persoas que se auto organizan e que non son escravos de ningunha débeda institucional.

















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



