Profanum, palabra derivada directamente do latín, componse de dous elementos: pro-fanum, e dicir, fora do templo. Usábase, pois, para referirse con ela a ese lugar que está nas aforas do templo. E de aí o seu derivado, profanado, termo que se emprega pra referirnos a un lugar sagrado cando, por algunha acción prohibida, se fai mal uso del, e se lle da o cualificativo de profanado.
Hai dúas maneiras de ver a Illa Pancha de Ribadeo. Unha, como espazo de explotación económica e comercial. E nesta espiral de materialismo galopante na que a sociedade moderna está mergullada, non faltan persoas, e mesmo administracións públicas que, carentes de outras posturas mais nobres, só ven esta illa como unha posibilidade mais de lucro económico, e dispostos a súa profanación.
Pro hai outra forma de vela. Pra sociedade en xeral, e moi especialmente prás xentes de Ribadeo, que naceron e medraron ó seu carón, a Illa Pancha é ,moito mais ca iso. É un fermoso espazo paisaxístico, hoxe incluído entre os moitos e fermosos elementos patrimoniais, históricos e culturais, dos que goza Ribadeo e que a xente necesita e quere continuar disfrutando.
A contemplación desta illa, co seu faro vixía de navegantes, é unha fonte de inspiración dos sentimentos mas nobres do home. E o home non só vive de pan. O seu compoñente inmaterial e vital necesita o alimento do seu espíritu. Necesita vivir dos soños e ideais que desenrolen a parte mais nobre do seu ser.
A Illa Pancha e un ben que soubo despertar no pasado, e aínda hoxe desperta, en moita xente a súa sensiblidade ante tanta beleza, os sentimentos mas nobres da súa alma. E así, foi vista e cantada por trobadores, literatos, poetas e famosos pintores. Xentes, ós que a súa romántica soidade, o seu fermoso paisaxe, a paz interior que a súa contemplación infunde no home e os seus encantos quedaron expresados na súa poesía, composicións literarias, artísticas fotos ou pinturas famosas.
A elección do futuro da Illa Pancra non debería ser dubidosa. Forma parte do patrimonio espiritual e sentimental das xentes desta comarca e a eles lles pertence. Pra adicarse ó proveito material e explotación comercial dos bens humanos hai outros espazos mais axeitados e menos daniños. Seguir por ese camiño sería entregar ó beneficio privado unha parte da alma do pobo. E a alma, os seus soños e sentimentos, non se poden privatizar pois son patrimonio do espírito.
José Mª Rodríguez




















A alcaldesa, Marta Rouco, e a concelleira Paula Vigo destacaron que esta iniciativa busca dinamizar os domingos de feira e dar visibilidade ao traballo artesán. As inscricións poden realizarse ata o 26 de abril, cubrindo o formulario dispoñible en vilalba.gal/novas e enviándoo a feiras@vilalba.es xunto coa documentación requirida. Para consultas, está dispoñible o teléfono 982 51 03 05.
A representación desenvolverase na praza do mosteiro, na igrexa e nos espazos exteriores habituais para escenas como o xuízo ante Pilatos, o horto e a crucifixión. Participarán a Garda Pretoriana de Lugo, a Percussio Praetoria e o grupo Galiclasic, nun evento recoñecido como Festa de Interese Turístico Rexional e no que colaboran arredor de cen persoas.
O Concello de Cervo convida a toda a veciñanza a participar no novo Guateque de Arruguiñas, unha proposta pensada para fomentar o encontro interxeracional, a convivencia e o lecer compartido. O evento celebrarase este martes, 31 de marzo, ás 19:30 horas, na Casa do Mar de San Cibrao. A xornada incluirá actuación musical, bingo e chocolate, actividades organizadas polo alumnado de 2º de Bacharelato en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil e a Asociación de Xubilados Terramar. O Concello anima a participar e desfrutar dunha tarde especial de convivencia e diversión.
O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).



