Mondoñedo, 8 de xuño.- A acción impulsada pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través do Igape, e o Ministerio de Industria, e a Escuela de Organización Industrial (EOI), co cofinanciamento do Fondo Social Europeo (FSE), fará posible que 250 emprendedores da comarca de Mondoñedo reciban formación e asesoramento nos espazos de traballo en común que en próximas datas se van poñer en marcha nos locais habilitados polo Concello.
Esta actuación de impulso á creación de novas empresas forma parte das iniciativas desenvolvidas ao abeiro do acordo de colaboración definido por ambas administracións para facilitar a apertura e mantemento, durante dous anos, de seis novas aceleradoras de emprendemento en Galicia e que beneficiarán a arredor de 1.500 persoas con vocación empresarial.
O director do Igape, Javier Aguilera, e o director de Iniciativa Emprendedora, Innovación e Pemes da EOI, Miguel Sánchez Galindo, presentaron este mércores en Mondoñedo o novo espazo coworking, nun acto onde participou tamén a alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia. Todos os representantes públicos destacaron a importancia da cooperación entre as tres administracións –central, autonómica e local– para dar un novo pulo ao emprendemento no norte de Lugo.
O Goberno galego promove o emprendemento como un dos piares básicos de actuación para contribuír a consolidar a recuperación económica e xerar emprego. Na busca dese obxectivo xenérico, e no marco da Lei do Emprendemento, a Xunta procura que as persoas con vocación emprendedora dispoñan dos máis variados servizos e instrumentos de apoio, axudándose para iso da cooperación con todas as entidades que traballan neste eido, como é o caso da EOI.
Este proxecto impulsado coa EOI conta cun orzamento conxunto de 4,8 millóns de euros. A través do Igape, a Xunta achega 960.000 euros, e a EOI a cantidade restante, contando con cofinanciamento do FSE. Durante a presentación da aceleradora de Mondoñedo, os directores do Igape e da EOI subliñaron a relevancia da cooperación dos concellos, que ceden os locais para a formación e asesoramento dos emprendedores e para a posta en marcha e aceleración dos mellores proxectos, que serán titorizados por expertos no sector no que se centre cada actividade empresarial.
O obxectivo do espazo de emprendemento que se habilita en Mondoñedo é acelerar o desenvolvemento de proxectos empresariais no centro e norte de Lugo; ao tempo que se incrementa a probabilidade de éxito das ideas impulsadas polos emprendedores nun período limitado de tempo, cinco meses en cada unha das catro convocatorias previstas, identificando e facilitando a posta en marcha dos proxectos con maior potencial de desenvolvemento e consolidación.
En Galicia poranse en marcha outras cinco aceleradoras de emprendemento que estarán emprazadas en Cabana de Bergantiños, Ferrol, Celanova, Xinzo de Limia e Monforte, onde se presentará esta tarde. O obxectivo é sempre o de impulsar o reequilibrio da actividade empresarial sobre o territorio galego. En cada unha das sedes haberá catro convocatorias sucesivas que se desenvolverán durante uns 5 meses cada unha e que poderán acoller, en cada caso, a máis de 60 emprendedores-impulsores dun máximo de 22 proxectos por convocatoria e localización. En total, poderán participar nesta iniciativa 1.500 emprendedores de toda Galicia.
A Xunta impulsa un paquete de instrumentos de apoio integral ao emprendemento que inclúe programas de formación e asesoramento que se reforzan coas accións coworking, como a que agora comeza en Mondoñedo; axudas financeiras ou préstamos participativos a través de fondos, como o Galicia Iniciativas Emprendedoras de Xesgalicia; financiamento privado a través da Rede Galega de Business Angels; e instrumentos de apoio á consolidación de novos proxectos empresariais, como a Rede Galega de Mentores, que coordina a expertos en xestión empresarial que apoian a novas empresas.
Este completo marco de apoio amplíase, grazas ao acordo entre a Xunta e a EOI, coas seis aceleradoras, que se suman ás creadas mediante acordos con outras entidades ou empresas como Zona Franca (Vía Galicia) ou Telefónica (Galicia Open Future). Agrobiotech é outro dos programas de aceleradoras da Xunta.






















A banda presentará o seu espectáculo nunha cita aberta ao público, que promete unha noite de rock e diversión para todos os asistentes.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.



