Lugo, 30 de xuño de 2016.- A Deputada de Medio Ambiente, Sonsoles López Izquierdo, o Vicerreitor de Coordinación do Campus de Lugo, Javier Bueno Lema; a Alcaldesa do Concello de Mondoñedo, Elena Candia López, e o Decano da Facultade de Formación do Profesorado, Francisco Rodríguez Lestegás, presentaron na mañá deste xoves o curso de verán A Educación na natureza e as intervencións asistidas con animais; que terá lugar os días 20, 21, 22 e 23 de xullo no Concello de Mondoñedo. Esta iniciativa inclúese dentro do Plan de Choque posto en marcha entre o organismo provincial e a Universidade de Santiago de Compostela. No acto tamén participaron a Directora do curso, Lina Iglesias Forneiro, e a Secretaria do curso e Presidenta da Asociación Nenea, Bibiana Marful Castañal.
López Izquierdo destacou que “a Deputación de Lugo sempre será unha administración sensible co eido animal da provincia; e é por iso que sempre ofrecemos e ofreceremos medidas de concienciación social para preservar a flora e a fauna autóctona; porque sabemos que esta é a riqueza máis grande que calquera de nós podemos ter”. Neste senso, a Deputada remarcou que o organismo provincial está a traballar nun proxecto de concienciación coa cidadanía no tocante á tenza de animais domésticos. “Pero queremos ir máis alá, por iso queremos coordinar cos Concellos medidas e propostas que axuden a frear o abandono animal que hai na nosa provincia”, remarcou López Izquierdo.
A través desta iniciativa, dirixida a estudantes de maxisterio, mestres, monitores ou veterinarios, entre outros, danse a coñecer os beneficios da Educación na Natureza e as posibilidades que ofrecen os animais adestrados para a realización de actividades, tanto no ámbito da educación formal como non formal.
Programación do curso de verán
Día 20 de xullo
15:30 a 16:30 horas: Inauguración do curso.
16:30 horas: Educación e Natureza. Tendencias actuais e perspectiva histórica, a cargo de Uxío Otero Urtaza, Profesor da Facultade de Formación do Profesorado de Lugo. 18:30 horas: As Intervencións Asistidas con Cans no ámbito da Educación na Natureza, a cargo de Bibiana Marful Castañal, Presidenta da Asociación Nenea, medrar creando.
Día 21 de xullo
09:30 horas: Panorama actual das Intervencións Asistidas con Animais (IAA) e perspectiva histórica, a cargo de Noemí Haro, Asociación REBICAN (Ponferrada-León). 12:00 horas: Benestar animal e saúde pública, dous aspectos a ter en conta en animais de IAA, a cargo de Cristina Castillo, Profesora da Facultade de Veterinaria da USC. 16:00 horas: O animal de IAA. Características e tipos de Intervencións Asistidas con Animais, da man de Lilyana Alba, Asociación REBICAN.
18:00 horas: A Granxa Escola, espazo para desenvolver a Educación emocional, a cargo de Yolanda Fouce, Asociación Revolta Natural
Día 22 de xullo
09:00 horas: Excursión de dia completo á Cuadra Santa Bárbara en Ponferrada As intervencións asistidas con cabalos. Equipo de REBICAN e da Cuadra Santa Bárbara (León)
Día 23 de xullo
09:30 a 14:00 horas: Presentación de proxectos de Educación na natureza en Galicia 16:00 horas: Deseño de actividades de ocio educativo asistidas con animais: realización dunha Gymkana literaria con cans polas rúas de Mondoñedo.
19:00 horas: Acto de clausura e entrega de diplomas no Auditorio municipal Pascual Veiga
Recoñecidos profesionais
Neste curso de verán da Universidade de Santiago de Compostela participarán recoñecidos profesionais do sector, tanto do ámbito privado, como da propia universidade. Entre eles destacan Uxío Otero Urtaza; profesor e investigador da USC; Bibiana Marful Castañal, presidenta de NENEA, a primeira bosque escola que se abre en Galicia; ou Cristina Castillo Rodríguez, profesora titular do Departamento de Patoloxía Animal da USC. Ademais, tamén participará o equipo de REBICÁN, que tamén colabora coa organización do curso.





















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



