Logo dunha temporada con altibaixos, na que o cadro barreirense chegou con
opcións aos postos altos da táboa no último tramo de liga que, finalmente, perdía contra rivais directos.
Con todo, o equipo cumpriu con maiúsculas, no seu primeiro ano na autonómica norte do fútbol sala galego, cun sexto posto. Ademais, fixo do
municipal de Barreiros un auténtico fortín onde destaca a súa numerable afección.
O clube xa está a traballar na seguinte temporada. O primeiro eslabón da cadea pasaba por renovar a Andrés López á fronte do equipo. O presiente, Julio Rocha, asegura que “estamos encantados con Andrés, polo seu traballo
diario, compromiso e sobre todo pola súa adaptación ao noso proxecto”.
Por isto Andrés volverá un ano máis a encargarse dos mandos da nave barreirense, no que o acompañaran como a temporada pasada, Modesto
(2 entrenador), Guillermo (delegado) e Oliver (utilleiro).
As primeiras modificacións na plantilla veñen a modo de baixa: Ayala, Souca, Carlos e Cristian non seguiran na escadra de Barreiros. Dende
a directiva queren darlle as grazas “por todo o seu traballo”.