Ribadeo, 18 de xuño de 2016.- O voceiro do Grupo Popular no Senado e candidato número un pola provincia de Lugo, José Manuel Barreiro, asegurou hoxe que “quen queira vivir nunha España moderada non debe correr o risco de dispersar o voto”. “Votar a Ciudadanos é votar a Podemos”, matizou.
Barreiro lembrou que case o 8% dos votos de Lugo non serviron para nada nas eleccións de decembro, explicou que en provincias pequenas o partido de Rivera non vai conseguir escano “por iso os votantes de C´s teñen que saber que o PP é a única alternativa para que España non caia en mans de extremistas”.
O dirixente popular fixo estas declaracións nun encontro con veciños en Ribadeo, onde estivo acompañado, entre outros, pola Secretaria Xeral do Partido, María Dolores de Cospedal, o Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo e a Presidenta do PP de Lugo, Elena Candia.
Na súa intervención, José Manuel Barreiro subliñou que fronte á coalición de extrema esquerda de Unidos Podemos e a coalición do “non” de Sánchez e Rivera está Mariano Rajoy, que “representa a coalición do PP cos españois”. A renglón seguido fixo fincapé en que o único que une a Iglesias, Sánchez e Rivera é que ven como inimigo ao candidato que prefiren a maioría dos españois.
Neste sentido, Barreiro afirmou que “votar ao Partido Popular é votar a favor da seguridade”, seguridade no emprego, nas pensións, no crecemento económico, na unidade de España e na loita contra o terrorismo.
Experiencia para gobernar
Pola súa parte a presidenta do PP de Lugo, Elena Candia, pediu fuxir de alternativas políticas que só van traer o caos ao país e nos levarán a retroceder nos avances que o Goberno de Mariano Rajoy conseguiu na pasada lexislatura. “Non é momento de experimentos, nin de facer probas ensaio-erro, é momento de actuar con seguridade e tenacidade que é o que fai o Partido Popular”.
Candia ensalzou en Ribadeo a experiencia de xestión que atesoura o candidato popular, Mariano Rajoy, en contraste cos seus contrincantes. “Se gobernar xa non é traballo fácil, sen experiencia e sen proxectos políticos estables moito menos”.
Durante a súa intervención, a líder dos populares en Lugo sinalou ao seu partido como o único “capaz de afianzar o camiño de recuperación que dende o PP se ven construíndo nos últimos anos e de conseguir que España sexa un país seguro e fiable”. Por iso pediu ao votante que confíe na experiencia que demostrou ter o Partido Popular e lle permita gobernar de novo.



















O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.
Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar



