13 de xuño de 2016.- O portavoz do GPP no Senado e candidato número un pola provincia de Lugo, José Manuel Barreiro, amosou este luns o seu máis “absoluto rexeitamento” ao acto terrorista perpetrado en EEUU e abogou por seguir defendendo unidos a liberdade fronte á barbarie.
Barreiro fixo estas declaracións no transcurso dunha visita á fábrica de cerámica de Sargadelos, en Cervo. “Sargadelos é un dos principais motores da economía e o crecemento da Mariña de Lugo e, polo tanto, de Galicia, e é tamén un dos principais expoñentes de talento. Sargadelos é cultura”, asegurou o dirixente popular.
O portavoz popular definiu a Sargadelos como “un modelo irrepetible que combina desenvolvemento empresarial e desenvolvemento artístico”. “É un dos sinais de identidade de Galicia en todo o mundo”.
A primeira fábrica foi creada a principios do século XIX por Antonio Raimundo Ibáñez e tras varias xeracións acabou pechando en 1875. Desde mediados do século XX Sargadelos forma parte dun grupo de empresas do sector, o grupo Sargadelos —ao que pertence igualmente a cerámica de Castro-Sada— grazas ao impulso do ceramista Isaac Díaz Pardo.
Tras décadas de esplendor, a crise que viviu España nos últimos anos afectou tamén á fábrica, que en 2010 se viu obrigada a aplicar un ERE. Neste sentido, o portavoz del GPP no Senado destacou que “grazas ao esforzo dos directivos e traballadores e as políticas acertadas do Goberno do PP a empresa está conseguindo superar esta situación”.
En 2015 obtivo un beneficio duns 70.000 euros e conseguiu saír do concurso de acredores; na actualidade ten algo máis de 100 traballadores. “Desde o PP comprometémonos a potenciar todos os campos de expresión artística e cultural como este, coa formación de novos profesionais e o apoio a medidas de investigación, desenvolvemento e innovación que fagan os proxectos industriais máis competitivos”, explicou José Manuel Barreiro.
Podemos, confluencia española da Syriza grega
No acto, Barreiro alertou do risco que supoñen para España os gobernos extremistas “que sempre prometen o mesmo pero que, en realidade, cando chegan ao gobierno recortan as pensións, suben o IVE e conxelan os salarios”.
Neste sentido, puxo como exemplo a baixada do máis de 30% das pensións e a subida do IVE ao 24% promovidas por Syriza en Grecia. “Este é o cambio que trae o extremismo. Podemos, confluencia española de Syriza, promete agora o mesmo paraíso aos españois, coas receitas que xa conduciron a Grecia ao inferno”, concluiu o dirixente popular.