O Deputado de Promoción Económica e Social, Álvaro Santos Ramos, e o Vicepresidente, Antonio Veiga Outeiro, inauguraron este venres a Xornada sobre as Directrices de Contratación Pública, que se enmarca dentro das actividades gratuítas de formación para traballadores das entidades locais, que se organizan dende Cooperación e Asistencia aos Concellos. A xornada foi impartida por Elena Hernáez Salguero, Presidenta do Tribunal Administrativo de Contratación Pública da Comunidade de Madrid, que foi o primeiro tribunal en recoñecer a incorporación de cláusulas sociais na contratación pública, ao igual que a Deputación de Lugo, que foi o primeiro organismo provincial en España, así como a primeira institución pública en Galicia, en incorporalas nos seus contratos e programas de subvencións tras converter unha recomendación dunha directriz da Unión Europea nunha obriga contractual na administración lucense.
Santos Ramos adiantou que hoxe son 655 os empregados que teñen blindados os seus dereitos coas claúsulas nos contratatos e programas da Deputación de Lugo, pois fíxose nos contratos de limpeza, defendendo os dereitos de 40 traballadores; no de seguridade, beneficiando a outros 20; no de conservación das estradas, con 80 empregados; así como no Ben Empregado, a través do que se contratou a 500 lucenses; ou no Deporte Saudable, que prestan outras 15 persoas. “De feito, outras administracións do país, como o Ayuntamiento de Madrid, está a copiar o modelo de contratación pública que a Deputación de Lugo leva aplicando dende hai 2 anos; ademais de estar traballando na elaboración duns futuros Presupostos Participativos, que a Deputación de Lugo tivo no 2015, sendo totalmente pioneira en España. Tamén a Xunta de Galicia, despois de terlle sido solicitado en varias ocasións, incluso por esta Deputación, tamén comeza a traballar na incorporación de cláusulas sociais”, subliñou.
Hernáez Salguero recoñeceu o “traballo pioneiro da Deputación” e felicitou ao organismo provincial, pois “este é o camiño que deben seguir todas as administración do país”.
Os inicios das cláusulas sociais no 2014
O Deputado de Promoción Economía e Social lembrou que, “como testemuñas das consecuencias da Reforma Laboral do actual Goberno Central en funcións, que serviu para vulnerar os dereitos dos traballadores, ao favorecer despidos en precario ou baixadas de soldo; no 2014, dende o Goberno da Deputación plantexámonos facer fronte a esta inxustiza, apostando pola contratación pública como unha política pública máis. É dicir, como unha ferramenta coa que acadar os obxectivos deste goberno progresista: priorizar sempre os problemas das persoas e loitar por un sistema económico xusto e igualitario. Pero non poderíamos desenvolver este plantexamento ideolóxico na Deputación de Lugo sen a profesionalidade dos traballadores públicos desta institución, que foron capaces de converter recomendacións de directrices da Unión Europea sobre contratación pública en obrigas nos contratos desta administración”.
“Comezamos, polo tanto, a incorporar cláusulas sociais en defensa dos traballadores nos contratos desta administración, convertendo a de Lugo na primeira Deputación de España que o facía, así como na primeira institución pública de Galicia. Con isto conseguimos que se valorase á hora de adxudicar o contrato o número de traballadores con contrato indefinido, así como as melloras nas súas condicións laborais e salarais con respecto ao Estatuto dos Traballadores ou ao convenio estatal do sector, entre outras cuestións. É dicir, a contratación pública serviu para que a Deputación de Lugo crease emprego de calidade, apoiando ás empresas que o fan; e blindase aos traballadores das entidades que prestan servizo ou teñen relación con esta institución, pois tamén esiximos, por escrito e como condicionante, que se garantan o número de empregados e os seus dereitos durante toda a relación contractual con esta administración. Precisamente, no que a Deputación de Lugo foi totalmente punteira entre as administracións públicas do país foi nas medidas de control do cumprimento das claúsulas sociais, e na implantación de penalizacións no caso de incumprimentos”.
Avances nas cláusulas
“Dende que iniciamos esta camiño, aínda novidoso entre a maioría de institucións públicas, fomos incorporando melloras, seguindo o modelo do Ayuntamiento de Avilés, que é un exemplo no eido da contratación, recoñecido con varios galardóns; ao tempo que tamén fomos reforzando as medidas de control. Hoxe hai traballadores do departamento de contratación da Deputación de Lugo que se encargan, especificamente, de controlar os ingresos aos traballadores das empresas que teñen relación con esta administración, así como o cumprimento das súas melloras laborais, coas que se comprometeron as propias entidades nos procesos de contratación desta institución. Persoal da Deputación fai un intenso labor de supervisión de toda a documentación oficial das contratistas para acreditar o cumprimento das claúsulas sociais en defensa dos traballadores e do emprego de calidade. Todo isto fixo posible que hoxe sexan 655 os empregados que teñen blindados os seus dereitos coas claúsulas nos contratatos e programas da Deputación de Lugo. Fixémolo nos contratos de limpeza, defendendo os dereitos de 40 traballadores; no de seguridade, beneficiando a outros 20; no de conservación das estradas, con 80 empregados; así como no Ben Empregado, a través do que se contratou a 500 lucenses; ou no Deporte Saudable, que prestan outras 15 persoas”.
Consenso cos sindicatos
Santos Ramos adiantou que, ademais do reforzo das medidas de control das cláusulas sociais e de incorporalas non só nos contratos de servizos senón tamén en todos os programas de subvencións da institución provincial, a Deputación de Lugo tamén quixo contar coa implicación dos sindicatos. Precisamente, hoxe mesmo, a Xunta de Goberno adxudicou o servizo de vixilancia do Pazo de Tor logo de pedir aos sindicatos que propuxen varias empresas que cumpran cos dereitos dos traballadores para participar no proceso negociado desta adxudicación. A Deputación traballa agora nun prego con cláusulas sociais para contratar a vixilancia de todas as instalacións da Rede Museística, o que suporá máis empregos de calidade blindados.






















Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.
Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



