A Mariña, 9 de xuño de 2016.- As candidatas e candidatos da comarca da Mariña que fan parte das candidaturas ao Congreso e Senado do BNG – NÓS, participaron no acto de inicio de campaña na Ribeira fronte á Casa do Mar de Foz.
Na primeira pegada que da inicio á campaña oficial participaron dentro da candidatura ao Congreso a barreirense Montse Porteiro e Xosé Paleo, Presidente do Comité de Empresa de Alcoa e candidato número catro ao Congreso. No mesmo acto estivo o médico Iago Villamil, candidato ao Congreso.
Montse Porteiro, sinalou que “Cada unha de nós vén de distintos concellos con problemáticas diferenciadas e de distintos sectores, aos que trataremos de dar voz por medio desta candidatura que se caracteriza pola defensa inequívoca dos intereses das galegas e dos galegos”.
“A nosa función será trasladar a defensa da comarca e da súa capacidade aló onde corresponda, non deixando que os problemas das nosas veciñas e veciños queden esquecidos e só se lembren desta comarca en períodos electorais”. “traballaremos para que Galiza fale por si mesma, para ter voz propia ao servizo do País e da súa xente. Sen que ninguén máis ca nós nos marque o paso nin decidan por nós. Defenderemos os intereses da comarca e do conxunto da nación como ven facendo o BNG desde fai vinte anos”, afirmaron.
A defensa de vivir e traballar na Mariña, obxectivo principal
O dereito a traballar e vivir na comarca para rematar coa sangría migratoria que expulsou por falta de oportunidades a mais de 3.000 mozas e mozos da comarca anos últimos cinco anos. A reclamación do remate de infraestruturas pendentes, a apertura ao tráfico comercial do dique norte de Morás e o fin do saqueo ao que nos somete a Autoridade Portuaria Ferrol San Cibrao que ingresa aquí mais non reinviste o que recada. Non queremos ver barcos despezados, queremos velos traballando no mar e xerando dinamismo e emprego en terra, queremos seguir contando cun sector agro – gandeiro potente, que poda vivir do seu traballo e un sector forestal puxante e con futuro sen estar sometido á chantaxe das grandes papeleiras.
A Mariña é unha comarca cun gran potencial na xeración enerxética, mais os beneficios non quedan aquí, as nosas empresas e familias non se benefician da nosa capacidade produtiva, polo que reclamamos unha tarifa eléctrica social e galega.
BNG – NÓS seguirá os pasos de quen, por primeira vez hai 20 anos falou de Galiza no Congreso, soportando burlas e ninguneos de quen debera defendela, mais coa dignidade de quen acredita na nosa xente e en que, coa forza do noso pobo, é posible mudalo todo.




















Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar
A banda presentará o seu espectáculo nunha cita aberta ao público, que promete unha noite de rock e diversión para todos os asistentes.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.



