A Mariña, 1 de xuño de 2016. Cosme Pombo e Carme Adán, parlamentares do BNG no Parlamento Galego, visitarán este xoves A Mariña e reuniranse, ás 12.30 horas, co Comité de empresa de Alcoa San Cibrao. Na xuntanza, na que estarán acompañados por unha delegación da executiva comarcal, os portavoces municipais de Cervo e Xove e persoas candidatas do BNG para as vindeiras eleccións xerais, trasladarán o seu apoio ás traballadoras e traballadores da factoría e darán conta das iniciativas presentadas.
A formación nacionalista presentou no Parlamento galego varias iniciativas dirixidas a saber se o goberno ten constancia dos plans de Alcoa e tamén solicitando o apoio unánime de todos os grupos para manter os postos de traballo que consideran “fundamentais para unha comarca como A Mariña e para a propia provincia de Lugo, xa que segue sendo o principal activo do PIB de Lugo, e dependen deles a vida de moitas familias de toda a comarca”, explican.
Necesidade dunha tarifa eléctrica galega
Desde o BNG levan anos insistindo na necesidade de que se regule en Galiza unha tarifa eléctrica propia que “permitiría ter electricidade a un prezo máis baixo para familias, pero tamén para as empresas e, no caso de Alcoa, podería resolver a incerteza continua na que se atopan as traballadoras e traballadores cada vez que a empresa concorre á subasta eléctrica deseñada polo ministro Soria”, explica a portavoz comarcal Ana Ermida.
Neste sentido, o grupo do BNG na Deputación de Lugo logrou que todos os grupos asumisen esta reivindicación como propia e no pleno do martes foi aprobada por unanimidade unha declaración institucional no sentido proposto polos nacionalistas. “Non se trata só de declaracións de intencións, se non de tratar de poñer solucións para garantir os postos de traballo que hai e evitar máis destrución de emprego nesta comarca”, afirmou Antonio Veiga.
“Desde o BNG temos claro que unha tarifa galega, máis barata, daría estabilidade ao sector e permitiría certa tranquilidade para as traballadoras e traballadores. E aquí é posible facelo, igual que se fixo noutras zonas do Estado, sendo un País produtor e excedentario en enerxía, non ten sentido que se nos prive dunha tarifa propia. É unha cuestión de vontade política”, explicou. “agardemos que agora que os grupos políticos na Deputación xa o asumen, traballemos tamén todas desde onde nos corresponda para poñer en marcha esta cuestión”, manifestou Veiga.
Declaracións institucionais nos concellos da comarca
Os grupos municipais do BNG están tamén buscando o apoio das corporacións municipais dos concellos da comarca para, así trasladar o apoio ás traballadoras e traballadores e pór de manifesto a importancia dos mesmos na economía mariñá e das familias de todas as localidades.
Deste xeito xa foron varios os Concellos que adoptaron este acordo a instancia do grupo municipal do BNG, como Barreiros ou Burela, ou da alcaldía, como o caso de Ribadeo.

















“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
O Deputado de Promoción Económica e Social, xunto ao Alcalde meirego e o músico berciano, presentaron no Pazo de San Marcos este concerto especial que acollerá a igrexa Monasterial de Santa María, o vindeiro 6 de agosto, ás 21:00 horas.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.



