Burela, 2 de xuño de 2016.- D. Juan Carlos Piñeiro Docampo con D.N.I. 33997608-C, de nacionalidade española, con domicilio a efectos de notificacións en Rúa Canabal nº 2 2ºi zq. Burela. En calidade de representante do partido Compromiso por Galicia e tamén en calidade de veciño. Ó Alcalde-Presidente do Concello de Burela,
EXPÓN:
O Artigo 29 da Constitución española no seu apartado 1. di: “Todos los españoles tendrán el derecho de petición individual y colectiva, por escrito, en la forma y con los efectos que determine la ley.” Como veciño de Burela e representante de un grupo político pretendo mediante o presente escrito exercer o meu dereito fundamental de petición. Polo que ó amparo do regulado na Lei Orgánica 4/2001, de 12 de novembro, reguladora do Dereito de Petición. En base o disposto na Lei 19/2013, de 9 de decembro, de transparencia, acceso a información pública e bo goberno.
Burela é por tradición o pobo da comarca con máis arraigo no mundo do mar e da pesca, é de feito un atractivo turístico da nosa Vila. Dende a toma de posesión da actual corporación vimos asistindo a un sen fin de propostas de turismo mariñeiro, pero para desgraza sen concretar e sen realizar.
Na veciña localidade de Luarca estaba enclavado o Museo do Calamar Xigante, morador das augas do noso Cantábrico, que numerosas veces era atrapado por mariñeiros de Burela. Todos somos sabedores da triste situación na que se atopa o fondo museistico en cuestión. Dende CxG entendemos que unha colaboración con CEPESMA pode ser o xerme duna futura dotación que poña a Burela na rede de museos, xunto co Barco Reina del Carmen. Por elo PEDIMOS,
1. Realización dun convenio con CEPESMA para albergar de forma temporal os fondos do seu museo.
2. Dotar de medios necesarios a ralización desta actividade.
3. Negociar con CEPESMA un acordo de colaboración de longo tempo que permita ter sempre fondos expostos en Burela
O Mar tamén é Cultura.




















A cita contará con charlas, obradoiros, concurso de fotografía e unha ampla zona expositiva. A feira será de acceso gratuíto e está pensada para gozar en familia.
“O concerto queda posposto para outro domingo no que Toxo Guayaba nos poida acompañar. Iremos informando”, explican desde a organización.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.



