Lugo, 11 de xuño de 2016.- A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria acaba de poñer a disposición da cidadanía no portal educativo http://www.edu.xunta.es/fp/ o borrador das ordes de oferta de ciclos formativos para o curso 2016/2017, a través do que se ofrecen na provincia de Lugo 4.195 prazas en primeiro curso en centros públicos, en 168 ciclos e programas formativos autorizados. Delas, 3.083 forman parte do réxime ordinario – 1.368 en grao medio, 1.155 en grao superior e 560 en FP Básica-, mentres que outras 639 son do réxime modular para persoas adultas – 371 en grao medio e 268 en grao superior-, 300 do réxime modular a distancia – 150 en grao medio e 150 en grao superior-, 57 en FP Dual – 27 en grao medio e 30 en grao superior-, e outras 80 en programas formativos para persoas con necesidades específicas de atención educativa.
En toda Galicia a oferta ascende a 29.337 prazas en primeiro curso en centros públicos (un incremento de aproximadamente o 2,5%), en 1.164 ciclos e programas formativos autorizados.
Esta oferta avanza na implantación dos ciclos adaptados ao Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais e ás necesidades do sistema produtivo galego, ao tempo que se axusta á demanda analizada de anos anteriores e á do mercado laboral, unha das claves para a empregabilidade dos titulados na FP galega. Neste sentido cómpre lembrar que a Consellería mantén un contacto constante co tecido socio-produtivo de cada comarca para dar resposta á demanda de titulados que solicitan as empresas, o que redunda nunha maior facilidade para que o alumnado da FP galega acceda a un posto de traballo ao rematar os seus estudos.
Aposta pola FP Dual
A oferta incorpora as súas principais novidades na FP Dual. Deste xeito no curso 2016/2017 arrincarán 2 ciclos de FP Dual na provincia, ambos completamente novos, nomeadamente os de grao superior en Administración e finanzas e en Axencias de viaxes e xestión de eventos, no IES Val do Asma de Chantada (co grupo Hotusa).
FP Básica e novos ciclos
No caso da FP Básica, implantada no curso 2015/2016, amplíase e diversifícase a oferta. Neste sentido cómpre salientar que se comeza a ofertar no IES Fontem Albei (A Fonsagrada) o ciclo básico de Informática de oficina.
No que atinxe aos ciclos de grao medio e superior a novidade máis salientable á a implantación dunha nova titulación, concretamente a de grao superior en Mantemento aeronáutico no CIFP As Mercedes (Lugo). Así mesmo incorpóranse á oferta de cada un dos centros indicados os ciclos de grao superior en Automatización e robótica industrial, no CIFP Politécnico de Lugo; e de grao superior en Desenvolvemento de aplicacións web, no IES A Pinguela de Monforte de Lemos (substituíndo ao de Administración de sistemas informáticos en rede). Neste último centro, ademais, pasa de réxime modular a ordinario o ciclo de grao medio en Sistemas microinformáticos e redes.
No réxime modular para adultos incorpóranse á oferta o ciclo de grao superior en Sistemas electrotécnicos e automatizados, no CIFP Porta da Auga (Ribadeo); mentres que na modalidade a distancia se implanta no CIFP As Mercedes o ciclo de grao superior en Desenvolvemento de proxectos de instalación térmicas e de fluídos na modalidade a distancia, que será de oferta única en Galicia nesta modalidade non presencial.




















O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.
Este venres visitaron Ferrol e As Pontes, e o sábado serán os actos institucionais de benvida no concello de Ribadeo. Pola mañá será inaugurada unha placa conmemorativa da visita, e despois a recepción oficial na Casa do Concello.
Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.



