Ribadeo, 9 de xuño de 2016.- Máis de 500 traballos se presentaron aos Certames de Narración e Debuxo Infantil Letras Galegas 2016, convocados pola Biblioteca El Viejo Pancho. A entrega de premios aos gañadores, que tivo lugar este xoves, foi presidida polo concelleiro de Cultura, Farruco Graña.
O edil nacionalista contou que “fixemos a entrega dos Premios da fase local do Certame de Narración e Debuxo Infantil Letras Galegas 2016 convocado pola Biblioteca El Viejo Pancho. O tema proposto este ano foi Canta Bichería. Os animais reais ou fantásticos tiñan que ser os protagonistas”.
Graña explicou que “se presentaron 152 narracións e 350 debuxos que se reparten por categorías deste xeito: en Narración 31 na Categoría A, 58 na Categoría B e 63 na Categoría C e en Debuxo 147 na Categoría A, 80 na Categoría B e 123 na Categoría C”.
E engadiu que “desde a Concellaría de Cultura e a Biblioteca El Viejo Pancho queremos dar as grazas ao equipo directivo dos Centros de Ensino polo interese que demostran nestes Certames, ao profesorado e as familias, que animan e axudan a rapazas e rapaces a participar nel, e tamén, como non, a Rosa Paz Rico, a Teresa González Piñeiroa, a Chus Colmenero Torres e a Guillermo Hernández Rodríguez pola súa desinteresada colaboración como membros do xurado. Tamén queremos dar os nosos parabéns a todas as premiadas e premiados”.
NARRACIÓN
CATEGORÍA A (ata 8 anos)
“FLOR” Ainhoa Castrillón Villar (8anos) C. Sagrado Corazón
“BICHOS” Mateo González Rolle (8 anos) C. Sagrado Corazón
“A TARTARUGA QUE QUERE SER BAILARIÑA” Irene García Valle (8anos) C. Sagrado Corazón
CATEGORÍA B (9 a 11 anos)
“MUKY” Andrés Portela Besteiro (10anos) C. Sagrado Corazón
“A VACA” Alex Bentley Blanco. (11anos) C. Sagrado Corazón
“ATLETISMO ANIMAL” Sergio García Legazpi. (10anos) C. Sagrado Corazón
CATEGORÍA C (12 a 16 anos)
“O CANCIÑO PEQUECHO”Uxía Fernández Vázquez (16 anos) IES de Ribadeo Dionisio Gamallo
“PO BRANCO” Samuel Alonso Espiñeira (16 anos) IES de Ribadeo Dionisio Gamallo
“O CONTO DO 36 : FÁBULA DUN 17 DE XULLO” Yanira Reimundo Barrios (16anos) C. Sagrado Corazón
Accésit “ESAS IDEAS INEXPLICABLES…” Daniel Pérez Vargas (16anos) C. Sagrado Corazón
DEBUXO
CATEGORIA A (ata 8 anos)
Javier Riesco de la Osa (8anos) C. Sagrado Corazón
Paula Conde Carrelo. (8 anos)Ceip Gregorio Sanz
Alex Bors Méndez (6anos) C. Sagrado Corazón
CATEGORÍA B (9 a 11 anos)
Donovan Pinto Martínez. (10 anos)Ceip Gregorio Sanz
Daniela Pertejo Ortiz (9 anos)C. Sagrado Corazón
Mencía Ferreiro García (9 anos)Ceip Gregorio Sanz
CATEGORÍA C (12 a 16 anos)
Irene Logares Carvajales (12anos) IES de Ribadeo Dionisio Gamallo
Iria Freije Yanes (12 anos) IES de Ribadeo Dionisio Gamallo
Carla López Rodríguez(12 anos) Colexio Sagrado Corazón
Farruco Graña sinalou que “todas as obras premiadas van participar na fase provincial deste concurso. Desexamos moita sorte aos premiados e premiadas na fase local”. Os gañadores recibiron como agasallo libros ademais de diplomas.






















O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.
Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar



