Mondoñedo, 29 de xuño de 2016.- A Asociación Deportiva Salto do Coro acaba o seu primeiro ano de actividade deportiva coa festa de despedida das escolas deportivas. Poñen así fin a un curso cheo de eventos deportivos, e con ata 5 equipos de fútbol-sala e 2 de baloncesto en competición tanto escolar como federada. Tamén se traballaron outros deportes como son o bádminton, o duatlón, o tenis de mesa, e hai pouco o atletismo.
Máis de 120 personas fixeron deporte con eles na asociación, e moitísimos voluntarios colaboraron nas escolas deportivas.
A festa de despedida das escolas é unha maneira de agradecer aos alumnos e aos voluntarios este ano deportivo.
A programación da festa do deporte de Mondoñedo será de partidos de fútbol-sala e baloncesto entre alumnos das escuelas, xogos na piscina, hinchables,…
A festa de despedida culmínase cunha gran cea ese mesmo día. Para a mesma, os que non sexan alumnos ou voluntarios poden recoller os tickets nos siguientes establecimientos: O Valeco, Bar A Fonte Vella, O Rincón e Os Arcos. O prezo é de 15 euros para adultos e 11 para nenos.
Á mesma irán entre outros Ricardo Hevia, Edu Pascual, Paco Villanueva,… Terán máis xente importante que apadriñarán aos alumnos nesta despedida.
























Actuarán Carlos Ares, Celia Becks, Futuro Alcalde e Alcalá Norte, e o sábado será a quenda de La M.O.D.A., Ángel Stanich, Puño Dragón e Repion. López destacou o impacto económico do festival, cun retorno estimado dun millón de euros, mentres que Rouco subliñou a súa importancia turística e a achega municipal de 120.000 €.
O evento celebrarase este sábado 25, de abril, na capital lucense. Durante a xornada matinal, o alumnado asistirá a clases impartidas por profesionais de distintas disciplinas, tanto do ámbito da danza clásica como da moderna. Pola tarde, ás 19:30 horas, o grupo da EMMeD subirá ao escenario do Auditorio Gustavo Freire xunto aos demais centros convidados, nunha actuación que servirá como peche desta xornada de convivencia e intercambio artístico.
Un home perdeu a vida este xoves tras sufrir un accidente cunha res no lugar de Carelle Grande, na parroquia do Burgo (Muras). O suceso tivo lugar sobre as 19 horas, cando un familiar deu a voz de alarma ao 112 Galicia e explicou que o implicado fora aplastado polo animal. De inmediato, activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que desprazaron ao punto o helicóptero medicalizado con base en Santiago, e a Garda Civil. Unha vez alí, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento do home.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
