Lugo, 9 de xuño de 2016.- O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, e a Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez López, sumáronse este xoves ao acto que organizou a Plataforma Lugo…Non perdas o tren para dar conta das súas últimas adhesións e de novos datos oficiais e obxectivos que corroboran a discriminación que sofre Lugo con respecto ás restantes provincias.
Jesús Vázquez adiantou que, ademais de Deputación e Concello de Lugo, xa son máis de 30 os municipios de todas as cores políticas que se sumaron á plataforma, así como ducias de asociacións veciñais, sindicatos, colexios profesionais e entidades como a Cámara de Comercio ou a Cel, entre outras.
“Despois de cumprírense 140 anos da chegada do tren á provincia, en Lugo seguimos co mesmo tren ou incluso peor. Pola contra, nas restantes provincias galegas teñen AVE e perspectiva de Intermodal. Lugo é a única capital de provincia que, ademais de non ter Alta Velocidade e de negarnos a intermodal, nin sequera temos conexións con Santiago, a capital de Galicia. Logo de analizar ducias de horarios de tren, observamos que Lugo ten ao día 8 saídas e 8 chegadas de tren. Pola contra, Ourense, que conta con 25.000 habitantes menos, ten 22 saídas e 39 chegadas. Pola súa banda, A Coruña ten 38 saídas diarias e 35 chegadas. Nós non temos nada”.
Campos Conde subliñou que “está claro que estamos perdendo o tren. Por iso, temos que reivindicar entre todos un tren do século XXI. Creo que a Deputación, como institución que representa aos 67 Concellos da provincia e defende os intereses de todos os lucenses, tiña que estar presente nesta plataforma. Debemos unirnos porque, como en todo, estannos deixando atrás. Temos que traballar xuntos para conseguir a mellora das nosas comunicacións. Non pedimos privilexios, só pedimos que non haxa atrancos”.
Lara Méndez reiterou o apoio do Concello á plataforma veciñal, tal e como se manifestou no Pleno de abril, ao tempo que reivindicou unha Estación Intermodal para Lugo. A Alcaldesa lembrou o compromiso que Feijóo adquirira coa propia Lara Méndez nunha reunión para a Intermodal de Lugo, compromiso que non se cumpriu, pois “os lucenses vimos con estupor como nos orzamentos da Xunta para o 2016, Lugo se quedaba sen ningún euro para a Intermodal”.
“A realidade é que non temos comunicacións, sendo a capital de provincia peor comunicada de España en termos ferroviarios, sen ter comunicacións, por exemplo, con Santiago, e sendo as poucas que hai co resto de lugares insuficientes”, denunciou a rexedora, quen lembrou que en Lugo transcorren 16 horas sen ningún servizo de tren. Non nos queda outra que reivindicar este servizo, así como o Ave, que beneficiará á cidade e a toda provincia. Queremos deixar de ser o vagón de cola e poñernos na parte dianteira do tren, de locomotora, cuns servizos que tiren pola nosa cidade, polo seu desenvolvemento e polo seu futuro”, concluíu Méndez.
Á espera do Ministerio e ADIF
Esta plataforma solicitou reunións con todos os partidos políticos, así como con representantes institucionais a nivel local, provincial, autonómico e estatal para facer chegar as súas reivindicacións. Jesús Vázquez informou que “mantivemos encontros con diferentes grupos e hoxe, aquí, tamén se está a ver o apoio institucional”. De feito, nos balcóns do Pazo de San Marcos e do Consistorio de Lugo situáronse pancartas co lema Lugo…non perdas o tren. “Pero seguimos á espera de que a Ministra de Fomento, Ana Pastor, e o Presidente de ADIF, Gonzalo Jorge Ferre Molto, decidan vir a Lugo a falar con nós”, subliñou.
Reclamacións
Lugo, non perdas o tren reclama máis conexións ferroviarias con Madrid ou Barcelona (hai un día á semana que non hai ningunha conexión); mellorar o servizo de cercanías, que practicamente non existe, tendo en conta non só a cidade de Lugo, senón tamén as conexións con outras vías da provincia, como Sarria, Guitiriz ou Monforte; prezos competitivos e promocionais; que se supriman pasos a nivel na cidade do Cabe, así como que se constrúan outros sobre as vías en Rábade; que se promova a construción da Estación Intermodal na cidade Luguesa e a chegada do AVE á provincia; impulsar o transporte de mercadorías, especialmente coas plataformas loxísticas ou a posta en marcha dun plan para mellorar o FEVE na Mariña, entre outras reivindicacións dos veciños da provincia.
























A cita contará con charlas, obradoiros, concurso de fotografía e unha ampla zona expositiva. A feira será de acceso gratuíto e está pensada para gozar en familia.
“O concerto queda posposto para outro domingo no que Toxo Guayaba nos poida acompañar. Iremos informando”, explican desde a organización.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.



