Mondoñedo 19 de xuño de 2016.- O Concello de Mondoñedo celebrará o sábado 2 de xullo unha cea homenaxe na que presentará o programa da XXV edición do Mercado Medieval que este ano se levará a cabo do 12 ao 14 de agosto. A alcaldesa, Elena Candia, apuntou que este acto pretende “ser unha homenaxe a todos os voluntarios e voluntarias do mercado e a todas as persoas que fixeron posible que esta festividade se puxera en marcha fai xa 25 anos e que logran que ano tras ano sexa un éxito”.
O ágape, que se celebrará no Seminario, contará coa actuación do actor Bruxo Queimán que explicará a todos os asistentes a historia da localidade mindoniense dende o Medievo recalcando a importancia desta vila. “Resaltando o valor histórico de Mondoñedo na Idade Media, tendo en conta que xa o nome da localidade significa en Latín ‘Medieval’. Tamén relatará como no ano 1156 Alfonso VII de León lle concedeu a categoría de cidade”, puntualizou Candia. O evento estará amenizado pola impresionante voz de Andrea Pousa.
A alcaldesa destacou a importancia desta festividade que ano tras ano congrega a centos de visitantes. “O Mercado Medieval de Mondoñedo converteuse no mercado máis antigo da comarca e nun referente para todo o norte de España ao que acoden turistas de toda Galicia e que cada año aumenta o número de visitantes de comunidades veciñas como Asturias, fomentando o turismo de proximidade”, precisou.
Un Mercado con historia
Dende fai 25 anos o segundo fin de semana de agosto Mondoñedo transfórmase nunha cidade do medievo. A Praza da Catedral, así como as principais rúas da cidade énchense de postos onde os artesáns amosan aos asistentes como se traballaba na Idade Media.
Demostracións de oficios tradicionais, así como a ambientación de personaxes desa época e a degustación de produtos típicos da comarca e moitas máis actuación atraen cada ano a centos de turistas nunha cita xa consolidada no calendario da localidade mindoniense.























Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.
Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



