Mondoñedo, 3 de xuño de 2016.- A alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, deu conta este venres do nacemento da Asociación de Concellos do Camiño Norte na que se integran Ribadeo, Barreiros, Trabada, Lourenzá, Mondoñedo, Vilalba, Begonte, Friol e Guntín.
A iniciativa, promovida desde finais do pasado ano pola rexedora popular, nace co obxectivo de facer promoción do Camiño Norte e as reivindicacións conxuntas sobre as necesidades que ten a ruta ao seu paso polos Concellos adheridos.
Hoxe mesmo tivo lugar en Mondoñedo a reunión na que se rubricou o acordo de constitución dos concellos membros. No encontro acordouse que a Asociación sexa presidida polo alcalde de Begonte, José Ulla Rocha e contará co alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez Barcia, como vicepresidente.
Os mellores servizos para os peregrinos
Os membros que conforman a asociación avanzan que valoran levar a cabo accións máis concretas, como actividades culturais ou de ocio para os camiñantes. As administracións locais implicadas coinciden na importancia e na necesidade de que os concellos se impliquen para ofrecer bos servizos aos peregrinos.
Tamén destacan a necesidade de que o camiño e os concellos polos que atravesan estean unidos, como así se ve nesta asociación, con representantes de todos os partidos políticos.
Os membros explican que a asociación nace integrada por estes nove concellos, aínda que non descartan que se incorpore a iniciativa privada, se así se considera.
Os responsables dos nove concellos adheridos asinaron este venres a acta constituínte e volverán a reunirse no prazo dun mes cun documento de traballo no que xa se recollerán accións concretas a desenvolver para promover o Camiño Norte da Provincia de Lugo.





















Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.
Este venres visitaron Ferrol e As Pontes, e o sábado serán os actos institucionais de benvida no concello de Ribadeo. Pola mañá será inaugurada unha placa conmemorativa da visita, e despois a recepción oficial na Casa do Concello.
Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.



