A Deputación de Lugo habilita novas prazas para asistir ao congreso “Rexeneración Urbana e Territorial”, no que participarán reputados arquitectos e catedráticos de España, cunha recoñecida traxectoria profesional con, por exemplo, varios Premios Nacionais de Arquitectura. Terá lugar os días 10 e 11 de xuño no Pazo de San Marcos. Nestes intres, xa hai máis de 160 persoas con praza reservada, que enchen o Salón de Actos. Por iso, habilítase o Salón de Plenos, ofrecendo outro cento de localidades. Os interesados en participar poden inscribirse en www.deputacionlugo.gal.
Esta iniciativa inclúese no convenio de colaboración de Deputación e APEC para impulsar a construción na provincia, dando conta das oportunidades económicas e laborais que supón a rehabilitación eficiente e sostible. A construción é un dos sectores máis afectados pola crise económica, que na provincia de Lugo xera uns 9.000 empregos de xeito directo e centos indirectamente.
Programación con expertos de renome
O Congreso celebrarase en dúas xornadas, unha o venres, de carácter teórico, e outra o sábado, que será eminentemente práctico.
Venres, 10 de xuño:
10:00-10:15 horas: Presentación oficial do Congreso Rexeneración Urbana e Territorial
10:15-10:50 horas: Ponencia Intervención en Casco Histórico, a cargo do Arquitecto coordinador de proxectos e obras da oficina técnica del Consorcio de Santiago, Ángel Panero Pardo
10:55-11:30 horas: Ponencia Rehabilitación Integral de vivenda unifamiliar en Coeses, a cargo do Arquitecto e Profesor Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña, Emilio Rodríguez Blanco
12:00-12:35 horas: Ponencia Rehabilitación casa en redonda, a cargo dos Arquitectos e Profesores Escola Técnica Superior de Arquitectura de Coruña, Creus e Carrasco arquitectos
12:40-13:15 horas: Ponencia Casa en Paderne de Courel, a cargo do Doutor, arquitecto e Profesor Escola Técnica Superior de Arquitectura de Coruña, Carlos Quintáns Eiras
13:15-14:00 horas: Mesa Redonda na que participarán os expertos das anteriores poñencias e que estará moderada polo Arquitecto e Presidente COAG Lugo, Raul J. Veiga
16:30-18:00 horas: Ponencia Arquitectura da vivenda, a cargo do Premio Nacional de Arquitectura, Manuel Gallego Jorreto
18:00-18:30 horas: Descanso
18:30-20:00 horas: Ponencia Arquitectura e realidade, a cargo de Premio Nacional de Arquitectura, Víctor López Cotelo
20:00-20:45 horas: Mesa Redonda na que participarán os expertos das anteriores poñencias e que estará moderado polo Doutor e Director da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña, Fernando Agrasar Quiroga
Sábado, 11 de xuño:
08:00 horas: Saída de Lugo cara Santiago de Compostela
09:45-11:15 horas: visita ao Centro Nacional de Referencia en Rehabilitación
12:00-13:30 horas: visita ao Museo das Peregrinacións
13:30 horas: Saída de Santiago de Compostela
15:00 horas: Chegada a Lugo e remate do congreso






















A cita contará con charlas, obradoiros, concurso de fotografía e unha ampla zona expositiva. A feira será de acceso gratuíto e está pensada para gozar en familia.
“O concerto queda posposto para outro domingo no que Toxo Guayaba nos poida acompañar. Iremos informando”, explican desde a organización.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.



