Burela, a 29 de xuño de 2016. O Grupo Municipal Popular de Burela aseguraba este mércores que “os socialistas non queren que se amplíe o Hospital da Costa, ubicado no noso concello. Se hasta agora sempre dixeron que se iba desmantelar, que se iba levar todo para Lugo, se ignoraron os novos servicios que se puxeron en marcha, agora resulta que desde o goberno local do concello de Burela semella que prefiren que o Hospital siga como está a que se amplíe, e ocultan toda a información ó respecto, como que a empresa xa solicitou a concesión de licencia e que, como non había ningún obstáculo nin legal nin urbanístico, houbo que concederlla”.
Os populares fan esta afirmación logo de comprobar que o concello de Burela non vai bonificar a licencia de obra co desconto que lle corresponde por ser de interés social, xa que, según eles, “a ampliación do Hospital da Costa queda fora do ámbito exclusivamente municipal, xa que logo, trátase dunhas instalacións que superan dito ámbito por seren o seus destinatarios residentes no ámbito comarcal ou supramunicipal”.
“A nós, indican os populares, só nos cabe pensar que os motivos reales están no afán recaudatorio. Se cobran toda a licencia de obra, cobran algo máis de 10.000’00; se fan a bonificación, sólo cobrarían algo máis de 78.000’00€; deste xeito, terían máis cartos para orquestas e festas, que é en donde realmente gastan os cartos”.
Para o Grupo Municipal Popular, “xustificarse decindo que os impostos corren a cargo do adxudicatario non é de recibo. Hai que lembrarlle ó alcalde e ó PSOE que co goberno municipal do PP concedeuse a bonificación para a construcción da nova escola infantil, e o goberno do PSOE, a pouco de chegar ó concello, e por unanimidade, concedeu a bonificación á ampliación do IES Perdouro, un centro que supera o ámbito municipal e tén un ámbito comarcal, como acontece co Hospital”.
Os populares consideran “políticamente impresentable ó alcalde e ó seu equipo, por poñer trabas á ampliación do Hospital, máxime cando, como decimos, todas as peticións de bonificación de licencia de obra por motivos sociais teñen sido concedidas. Quere o alcalde unha obra con maís motivos sociáis ca ampliación do Hospital?”.
Finalmente, o GMP afirma que “ó goberno local non lle quedou máis remedio que conceder a licencia de obra para a ampliación, que foi solicitada a principios deste mes, xa que cumple con todos os requisitos legales e cumple co Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) de Burela, PXOM que foi aprobado no goberno municipal do PP, por certo cos votos en contra do PSOE e do BNG”.

















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



