Viveiro, 17 de xuño de 2016.- O presidente do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro A Mariña-Ortegal, José Basilio Otero, a directora de Mercadotecnia e Comercial de MicroBank, Núria Danés, e a directora da área de Negocio de CaixaBank en Galicia Norte, Marta Albela, asinaron un convenio de colaboración para facilitar o financiamento de proxectos empresariais a través de microcréditos. Coa firma deste acordo establécese unha liña de financiamento de 1 millón de euros. Os beneficiarios serán persoas físicas e microempresas con menos de dez traballadores e unha facturación anual inferior a dous millóns de euros.
Os solicitantes poderán optar a microcréditos até un importe máximo de 25.000 euros (cun máximo do 95% do investimento). Os proxectos deberán contar cun plan de empresa e o informe favorable de viabilidade elaborado polo Grupo de Acción Local.
O criterio de concesión de microcréditos por parte de MicroBank atende fundamentalmente á confianza na persoa ou o equipo que solicita o préstamo e á viabilidade do proxecto, podendo acceder persoas carentes de garantías e avais.
En virtude deste convenio, o Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro A Mariña-Ortegal comprométese a detectar as necesidades de financiamento, dirixidas a promover o autoemprego e ao establecemento, consolidación ou ampliación de microempresas e negocios de autónomos, así como a facilitar servizos de apoio e asesoramento empresarial, analizar a viabilidade do proxecto e dirixir ás persoas físicas ou xurídicas asesoradas pola corporación municipal a MicroBank para que este analice, e no seu caso aprobe, as solicitudes de financiamento.
O Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro A Mariña-Ortegal é unha entidade colaboradora da Consellería do Mar da Xunta de Galicia na xestión de recursos do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP), que ten como obxecto social colaborar no goberno da zona, participando activamente na construción da capacidade organizativa da zona pesqueira, servindo de núcleo de converxencia e representación de persoas particulares, entidades e axentes socioeconómicos con intereses no desenvolvemento integral e equilibrado da zona.
MicroBank, o banco social especializado en microfinanzas participado integramente por CaixaBank, é o único banco de España dedicado exclusivamente ao financiamento de proxectos a través de microcréditos. A entidade foi pioneira no seu modelo de negocio e continúa sendo a que máis recursos destina ao financiamento de proxectos a través de microcréditos. O banco ofrece microcréditos destinados a autónomos, emprendedores e microempresas; e microcréditos persoais e familiares, que teñen como obxectivo atender necesidades que permitan superar unha dificultade temporal e faciliten o desenvolvemento persoal e familiar.
Durante o exercicio de 2015, MicroBank concedeu en Galicia un total de 735 préstamos destinados a autónomos, emprendedores e microempresas por un importe de 7,8 millóns de euros. Para financiar proxectos persoais e familiares, o banco achegou 16,9 millóns a 3.291 iniciativas.
Acordos con máis de 560 entidades sociais
Na concesión dos microcréditos, ademais da rede de máis de 5.200 oficinas de CaixaBank, colaboran entidades que achegan coñecemento das persoas destinatarias dos créditos, ademais de asesorar e realizar o seguimento dos proxectos. Até a data, MicroBank asinou convenios con 566 entidades sociais de toda España que velan pola viabilidade dos proxectos financiados. As entidades sociais colaboradoras son organizacións de todo tipo con experiencia en accións de asistencia económica ou social dirixidas a potenciar a creación de microempresas, fomentar o autoemprego e incentivar a actividade emprendedora.




















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



