Burela, 15 de xuño de 2016.- O Memorial Heroes do Orzán 2016 (29 xuño-3 xullo) da Fundación Imdecum presentou en sociedade todas as súas novidades na mañá deste mércores na sede da Deputación da Coruña co seleccionador nacional de fútbol sala, José Venancio López Hierro, como padriño do evento. No acto, co deputado responsable da Área de Deporte e Xuventude da institución provincial, José García Liñares, como anfitrión, participaron xunto ao presidente de Imdecum, Marcelino Luna Almarza, os familiares dos homenaxeados no memorial, Rodrigo Maseda, Javier López e José Antonio Villamor, os tres policías falecidos en acto de servizo o 27 de xaneiro de 2012 nas augas do Orzán; entre os convidados tamén asistiron o presidente da Federación Galega de Fútbol Sala, Juan Probaos; a xogadora coruñesa Dolo Sánchez e representantes da Xefatura Superior da Policía Nacional, do concello colaborador de Burela, do diario oficial da cita, DXT Campeón, e 5Coruña FS.
A Deputación da Coruña abriu as súas portas a Imdecum e ao Memorial como promoción do deporte de base entre os mozos e mozas coruñesas, “contribuíndo a que a memoria destas persoas non caia no esquecemento”, segundo apuntou García Liñares, que suliñou “a lección de humanidade, profesionalidade e valentía” dos tres axentes, que “non dubidaron en cumprir co seu deber, arriscando a súa vida para axudar”.
“As familias agradecemos moito que esta iniciativa tan bonita leve o nome dos nosos, Javier, José Antonio e do meu Rodrigo”, afirmou Isabel Lozano, portavoz dos familiares dos homenaxeados, que agradeceu o apoio das institucións e colaboradores para que a iniciativa siga medrando e fomentando entre os máis pequenos “valores como o traballo en equipo, a igualdade e a diversión sa, que os nosos fillos coñecían ben”.
Pola súa banda, José Venancio López Hierro, considerou “un grande orgullo” ser nomeado padriño da cita e destacou a importancia que ten o deporte de base na formación da xuventude. “Os valores que transmite o deporte son tamén importantes dende o punto de vista social; o memorial sobresae ademais en igualdade social, coa participación de nenos e nenas na práctica deportiva”, afirmou o seleccionador, que destacou tamén a xenerosidade ou o traballo en equipo como pezas clave na aprendizaxe desta disciplina deportiva.
Dende Imdecum, Marcelino Luna incidiu tamén na relevancia de transmitir estes valores á xente nova. Lembrando os inicios do torneo, que comezou con 100 nenos en Burela, destacou o gran crecemento que experimentou ao longo destes cinco anos. “Nesta edición participarán sobre 800 nenos/as entre A Coruña e A Mariña. Somos un referente xa en Galicia en torneos estivais e queremos seguir medrando”, afirmou, agradecendo a axuda de institucións, empresas e resto de colaboradores que fan posible esta realidade. “Nunha época na que existe unha crise de valores entre a xuventude nós apostamos por transmitir a solidariedade e xenerosidade de Rodrigo, Javier e José Antonio a través do prezado legado que nos ceden as súas familias”.
A Deputación da Coruña e a Fundación Imdecum clausuraron o acto cun recoñecemento especial ao seleccionador nacional pola súa traxectoria e o recente título de Eurocopa 2016, no que tamén participou a FGFS, e coa entrega da escultura conmemorativa do Memorial, dúas persoas que se funden nun abrazo, ás tres familias dos homenaxeados.
Éxito de participación
O Memorial cumprirá un quinquenio con éxito de participación sen precedentes. Madrid, Castela e León e Asturias, ademais das catro provincias galegas, son algúns dos puntos de procedencia dos máis de 70 equipos, de 30 clubs/escolas diferentes, que se darán cita na Coruña e na Mariña arredor do Memorial.
Ampliación de sedes e categorías
Tras catro edicións como Torneo de fútbol sala “Memorial Rodrigo Maseda Lozano”, en honor ao policía burelense que entregou a súa vida no tráxico suceso da praia do Orzán en 2012, este evento deportivo amplíase este ano coa colaboración da Deputación da Coruña e pasa a denominarse “Memorial Heroes do Orzán”. Con este cambio, quérese honrar tamén a memoria dos axentes Javier López López e José Antonio Villamor Vázquez, compañeiros do anterior, que tamén faleceron esa noite.
A competición desenvolverase entre o 29 de xuño e o 3 de xullo. A Coruña, que se estrea como sede, acollerá os encontros das novas categorías, Sub-16 e Sub-19 feminino, nos pavillóns do Ventorillo e Novo Mesoiro enre o xoves 30 e o sábado 2. Na sede de A Mariña (Burela, Foz, Cervo, Xove e Viveiro) distribuiranse as categorías prebenxamín, benxamín, alevín, infantil, cadete e xuvenil, ata o domingo 3
Voluntariado
Outra das novidades desta quinta edición é a posta en marcha de Voluntarios Memoria Heroes do Orzán, proxecto que nace co fin de abrir a participación cidadá a este evento deportivo, co fin de recoñecer os valores dos homenaxeados.
Calquera persoa que o desexe pode optar a ser voluntario; o único requisito é cubrir o formulario de inscrición (www.imdecum.com) e enviar a contacto@imdecum.com. O prazo estará aberto ata o domingo 26 de xuño.





















A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
