Burela, 14 de xuño de 2016.- O vindeiro 21 de xuño coñecerase o nome da empresa que levará a cabo o plan Coopera, destinado á organización de actividades para loitar contra a violencia de xénero. Co devandito proxecto denominado Puntos limpos para xestión de residuos machistas a Mancomunidade obtivo un premio dotado con 40.000 euros, que se investirán na realización dunha programación na que participarán os Concellos e os CIM “dunha maneira coordinada, transversal e formativa”, segundo explica o presidente deste ente, Alfredo Llano.
Este foi un dos asuntos abordado no pleno da Mancomunidade celebrado este luns en Xove. No mesmo tamén se presentou a conta xeral de 2015 e tamén un informe do pago a provedores. Llano dixo que “estamos pagando a menos de 26 días. Estamos moi por debaixo do que nos marca a lei e iso é positivo”.
O presidente da Mancomunidade relatou que “tamén onte no pleno falamos do convenio de turismo, desas dúas anualidades que en total suman 180.000 euros e que teremos que executar nos anos 2016 e 2017. As nosas actuacións nos vindeiros meses vanse centrar na promoción do Camiño Norte, na mellora das Rutas de Artesanía, da nosa presenza en Fitur e de programar unha serie de actividades (charlas, cursos, etc…) destinados á hostalaría e á restauración co obxectivo de que melloren o nivel que ofertan aos seus clientes nos seus negocios”.
Na sesión plenaria celebrada este luns tamén se aceptou unha subvención de máis de 83.000 euros con cargo ao Fondo de Compensación Ambiental para o ano 2016. Alfredo Llano lembrou que “é un proxecto que se titula Mellora da recollida selectiva do lixo nos concellos da Mancomunidade. É unha boa axuda porque significa que nos van dar o setenta por cen do que é o gasto que nosoutros temos considerado e que será sobre uns 119.000 euros. Trátase dunha cifra que non está nada mal”.
O presidente da Mancomunidade de Municipios de A Mariña dixo que “haberá que decidir os criterios de reparto que faremos entre os Concellos. Onte falamos algo disto, pero aínda temos que abundar un pouco máis e ver como se pode ir facendo. Hai vilas que precisan contedores, papeleiras, suxeitacontedores, etc… haberá que pedir presupostos e ver cal é a oferta que sexa máis vantaxosa para a Mancomunidade”.
Finalmente no pleno celebrado este luns presentouse un informe sobre o servizo de atención temperá, “quero que todos os Concellos saiban que poden contar con el. Está en Burela, pero a nosa pretensión é aumentar en persoal e en espazo este servizo e imos facer un convenio con aqueles Concellos que queiran facer o seu uso. Pensamos que é un bo servizo para todo o mundo na Mancomunidade”.

















De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



