Burela, 9 de xuño de 2016.- O alcalde, Alfredo Llano, e o concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández Rey, presidiron a recepción oficial ofrecida polo Concello ao Burela FSF, recentemente proclamado campión da Liga Nacional de Fútbol Sala Feminino. O equipo laranxa reibiu unha praca conmemorativa. O edil de Deportes, Ramiro Fernández Rey, sinalou que “é un orgullo para o pobo de Burela este título. Agardamos que o domingo consigan tamén a Copa de España para facer un triplete histórico”. O concelleiro socialista anunciou que “desde o Concello estaremos apoiándoas de novo, nesta ocasión en Alcorcón” e lembrou que “o Burela FSF está a levar o nome do noso pobo por todo o país e está a deixalo nun lugar moi importante, no máis alto do panorama deportivo nacional e iso fai que esteamos moi orgullosos e satisfeitos”.
