Viveiro, 30 de xuño de 2016.- Belinda Bermúdez Otero, en representación do Grupo Municipal Popular de Viveiro, realiza á Alcaldesa da Corporación os seguintes ROGOS para o próximo Pleno:
1. Na beirarrúa do supermercado Eroski, xusto fronte á porta que dá acceso ao establecemento, atópase unha papeleira cun lamentable estado de sucidade e deterioro, na base da mesma hai roña desprendendo mal cheiro. Trátase dunha beirarrúa moi transitada posto que se atopan ocupados todos os baixos comerciais e a gran maioría das vivendas alí situadas. Por esta razón rogámoslle ao equipo de goberno que proceda á limpeza da devandita zona, ou en caso de non ser competencia municipal insten a quen lle corresponda coa maior prontitude posible, xa que cos días de calor o mal cheiro aumentará.

2. No paso de peóns que está fentre ao quiosco de xeados situado ó lado do edificio Omega, atópase un rebaixe na beirarrúa do mencionado quiosco, pero xusto enfrente, na beirarrúa do paseo marítimo está sen rebaixar, o que impide ás persoas que vaian en cadeira de rodas poder cruzar no devandito paso de peóns. Co fin de eliminar o maior número posible de barreiras arquitectónicas do noso municipio, é polo que ROGAMOS ao equipo de goberno realicen o rebaixe da beirarrúa do paseo marítimo en dito paso de peóns.

3. No pleno do 7 de outubro do 2015 presentabamos un rogo facendo referencia ós retablos situados na Porta de Carlos I de España e V de Alemania e na Porta da Vila indicando que se atopaban nun lamentable estado de deterioro e pedíamos á Sra. Alcadesa que adoptara as medidas necesarias para proceder a sua limpieza e restauración por persoal especializado, recibindo por contestación que a porta de Carlos V en 1942 fora declarada monumento histórico e requería autorización de patrimonio o que implicaba un coste elevado, e que se faría no seu momento.
Nove meses despois comprobamos que seguen exactamente igual por non decir peor, posto que ademais de presentar as mesmas teas de araña na parte exterior dos retablos, o situado en Porta da Vila ten un anaco de madeira medio desprendido que pode provocar risco para os viandantes. Por este motivo é polo que lle ROGAMOS á Sra. Alcaldesa tome as medidas oportunas para subsanar o problema a maior brevidade posible.



















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



