Alfoz, 17 de xuño de 2016.- O Concello de Alfoz ven de encargar a Sargadelos a elaboración dunha peza en porcelana que recrea a Torre do Castelo de Castro de Ouro, tamén coñecida como Torre Fortaleza do Mariscal Pardo de Cela, verdadeiro emblema do Concello de Alfoz.
A peza, deseño do artista alfocense Xosé Blanco, fabricarase en exclusiva para o concello e será o principal elemento dunha colección de diferentes artigos que se elaborarán para a promoción de Alfoz.
A idea xurdiu a finais do ano pasado cando, Alberto Moreda, Directivo de Sargadelos, e Xabier Pardiñas, Tenente Alcalde do Concello de Alfoz, se reuniron coa idea de realizar unha exposición de cerámica nas dependencias do Castelo de Castro de Ouro. Este proxecto inicial farase realidade neste verán coa presentación da peza e a inauguración dunha exposición didáctica na se te amose o proceso de fabricación da cerámica de Sargadelos.
Xabier Pardiñas, que visitou a fábrica de Sargadelos para ver a evolución dos traballos de elaboración da peza, indicou que “esta creación so ten sentido realizala con Sargadelos”, pois “trátase dunha peza que une o prestixio de Sargadelos co da emblemática Torre do Castelo de Castro de Ouro”. Tamén indicou que o concello levará ao próximo pleno unha ordenanza que regulará o prezo público de venta dos produtos que se venderán no castelo, apuntando que a figura da torre se venderá en exclusiva nestas instalacións aínda que se expoñerá en diferentes galerías de Sargadelos, coa idea de atraer visitantes.




















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



