A deportista viveirense Yolanda Rodríguez, actual campioa de España Cadete de Pistola Deportiva e Subcampioa Nacional de precisión, conseguía unha magnífica actuación a pasada fin de semana no Campionato Interprovincial de pistola de precisión, celebrado na vila coruñesa de Carral, organizado polo Club local e a Federación Galega de Tiro Olímpico coa colaboración do Concello.
Yolanda Rodríguez que se estreaba na categoría xuvenil, conseguía o pase á fase final despois das tandas eliminatorias con tiradoras chegadas de diferentes puntos de Galicia, Asturias e Santarder.
A competición pechábase entre Daniela Pérez, do club Hípica, a propia Yolanda do Tiro San Froilán e a súa compañeira de club Adriadna Donlebun. As tres tiradoras non deron opción e só quedaba confirmar como quedaría o podio.
Entre as tres compañeiras da Selección Galega de Tiro Olímpico que disputaron o pasado Campionato de España representando a Galicia, Yolanda fixo unha tirada de menos a máis conseguindo un total de 350 puntos que lle valeron a medalla de prata sendo superada por Daniela Pérez por tan só catro puntos. Un pouco máis atrasada quedaba Adriadna con 340.
De novo as tres tiradoras volveran verse as caras no Gran Premio Nacional “PRINCESA DE ASTURIAS” que se celebra na cidade de Oviedo a finais de xullo onde competirán contra as seleccións doutras comunidades na modalidade de equipos e contra todas no individual. Neste caso, Yolanda Rodríguez representará a Galicia nas dúas modalidades na de pistola deportiva e na modalidade de precisión.
Rodríguez, que estes días está rematando o primeiro curso de Bacharelato no IES Vilar Ponche empezará a intensificar a vindeira semana os adestramentos pasando de 3 días a 6 de traballo en seco e en pistola.





















A cita contará con charlas, obradoiros, concurso de fotografía e unha ampla zona expositiva. A feira será de acceso gratuíto e está pensada para gozar en familia.
“O concerto queda posposto para outro domingo no que Toxo Guayaba nos poida acompañar. Iremos informando”, explican desde a organización.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.
